• Segue conectado
  • |

XII Festa do Tinto Rías Baixas en As Neves

As Neves  | Un ano mais As Neves volve a encherse de actividades entorno ao tinto Rias Baixas. Estamos xa na decimo terceira edición desta Festa, que naceu co obxectivo de promocionar uns viños de gran calidade, dentro dunha denominación que o gran público aínda asocia so co branco, pero que cada ano gaña posicións no mundo do viño tinto.

O condado sempre destacou pola produción de viños multivarietais de branco e tinto, pero nas Neves, ademais, está emprazada unha das adegas de referencia da D.O Rias Baixas no que a tintos se refire; Señorío de Rubiós que elabora tintos que inclúen variedades como sousón, mencía, espadeiro ou caíño tinto. Os tintos son, segundo esta adega “Os viños que mellor expresan as características da zona e da terra” e os das Neves destacan polo seu carácter afroitado e polo toque mineral.

Nas Neves conflúen a Innovación e tradición no mundo do viño, e son a mestura perfecta para facer deste concello o lugar ideal de celebración da Festa do tinto Rias Baixas.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES ANTES DA FESTA

As actividades arranca esta mesma semana, o xoves 28 coa presentación oficial da festa no Consello Regulador de Rias Baixas as 11:00 e na que están presentes o presidente do Consello Regulador o Alcalde das Neves e representantes das adegas locais.

Ese mesmo día ás 20:00h, inaugurase a Exposición fotográfica “As estacións do tinto” de Ana Araujo, na Biblioteca das Neves, onde poderá visitarse ata o 13 de xullo. Unha das novidades deste ano, terá lugar o venres 29; coa celebración dunha cea maridaxe “En dous tempos” que se levará a cabo en dous establecementos de hostaleira locais, nun deles será as 20:30 e noutro as 22:30, permitindo así que os que queiran podan acudir as dúas citas. Cada local contará con dúas tapas e a presenza
de dous adegueiros locais.

O 30 Iniciarase a 3º edición da Ruta dos pinchos das Neves na que participarán 7 locais de hostalería: Vide Vide-Novo stop-Chiringuito- Fausto-Valeriano-Donde Vamos? e Era Visto que ofrecerán os seus clientes 1 pincho e 1 tapa ao prezo de 2,50€. Participar dará dereito a entrar no sorteo dunha fin de semana nun balneario, ademais de outros agasallos. A ruta rematará o 6 de xullo.

Xa no mes de xullo as actividades comezan cun acto pensado para o mundo do viño; unha cata profesional que terá lugar no centro das Neves as 20:30 o día 3 e que estará pilotada por David
Pascual, Vicepresidente da Asociación de enólogos de Galicia e enólogo de Algueira, adega de Ribeira Sacra de recoñecido prestixio. Os participantes catarán 7 viños da denominación, seis deles monovarietales (Sousón, Pedral,Castañal, Espadeiro,loureira tinta e Caiño) e un plurivarietal.

As prazas dispoñibles serán 30 e o local de cata estará emprazado na rúa Marquesa do Pazo nº8
Os días 4 e 5 están reservados para os amantes do cine e o viño, que poderán visionar na biblioteca das Neves o día 4 a película “Entre copas” do director Alexander Payne e o 5 un documental “O viño de Rubiós” dirixido por LLillo Novas e con imaxe de Moreira. Realizado no 2005 e que inclúe entrañables documentos gráficos de nevenses do mundo do viño, xa desaparecidos.

O broche final desta semana chea de actividades entorno ao viño será un concerto de jazz na adega Señorío de Rubiós o día 6 ás 21:30h coa actuación do dúo Jazzic piano-guitar. A entrada ten un custo de 6€ e inclúe, ademais da actuación, dous viños e un pincho.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DURANTE A FESTA

O Sábado día 7 ás 19:00 será a apertura da festa e das casetas, nas que estarán dispoñibles viños de 17 adegas da D.O Rias Baixas, ademais no recinto haberá postos gastronómicos, area de xantar e area de xogos. Este ano As Neves volve a contar coa presenza do impresionante PERFORMANCE DE PABLO MENDEZ, ás 21:00h, que xa na edición anterior fixo as delicias dos asistentes, cun espectáculo cheo de luz
e cor. A praza das Neves volverá a vivir un serán inesquecible.

As 20:30h estará aberto o TUNEL DO VIÑO, para aqueles que desexen catar mais de 30 referencias de viños da D.O Rias Baixas, no local da rúa Marquesa do Pazo nº 8 (Xunto o bar Fausto) o túnel
permanecerá aberto ata ás 22:00h e terá un coste de 10€ O domingo día 8 os amantes do sendeirismo teñen unha cita no pavillón deportivo das Neves as 09:00h desde onde sairá o autobús que os levará ata a adega Señorío de Rubiós onde dará comezo a ruta de sendeirismo “Entre viñedos”, organizada pola RUTA DO VIÑO DAS RIAS BAIXAS, en colaboración co Concello das Neves. A ruta rematará na adega Viña Nora onde o autobús os devolverá ao cento das Neves. Os interesados poden reservar no: 986 09 10 88

As 11:00 está programada a apertura das casetas e do Túnel do viño e ás 12:00 lerase o pregón que esta ano estará a cargo do actor Antonio Durán. MORRIS, (Manuel Charlín na serie Fariña)

As 12:30 actuará o grupo A barca de Loimil de música e baile tradicional. Durante a festa os visitantes terán a súa disposición un area de descanso e pic nic na que poderán desfrutar das
delicias gastronómicas e do viño que se ofertará nas distintas casetas do recinto feiral.

As 15:00 unha actuación para toda a familia Lilicleta, disco retro e xa as 19:00 Fran Rey coa historia de Blancaflor un espectáculo para os mais pequenos. Para rematar Hindie-folk galego ás 20:30 con Caxade.

Publicado o 28 Xuñ 2018 en As Neves, Axenda, Gastronomía.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies