• Segue conectado
  • |

VII Serán de Alxén

Salvaterra | O 14 de setembro celébrase en Alxén, Salvaterra de Miño, a sétima edición do seu Serán dedicado á vendima. Un acontecemento xa consolidado na contorna ao que acoden grupos folclóricos de toda a comarca.

Este Serán, ademais da boa música que ofrece, conta cunha singularidade: a comida e a bebida – viños- son de balde. Ao longo da noite vanse ofrecendo entre os asistentes tortillas, chourizos, friames e tamén variadas sobremesas, para rematar cun chocolate quente. E os que o desexen poden adquirir viño, tinto e branco, de balde. Tanta xenerosidade ten a súa explicación: son os veciños e veciñas da parroquia de Alxén os que abastecen de comida e viño, porque a organización non pide cartos, senón que convida os veciños e veciñas a asistir ao serán e anímaos a participar co que teñan máis a man e lles sexa máis doado aportar. Tamén se fan sorteos, entre actuación e actuación, de produtos doados polos comercios locais: dende un corte de pelo, un cambio de aceite ou unha parella de galos e mesmo un porco.

O Serán está organizado pola Asociación Cultural e Folclórica OS DO EIDO de Alxén. Asociación que conta cun grupo de baile, unha banda de gaitas e un grupo de pandereteiras, que, por suposto, actuan no Serán dándolle comezo e peche.

Publicado o 19 Ago 2019 en Axenda, Portada, Salvaterra de Miño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies