Verán Cultural Arbo “San Roque 2018 “

Arbo | O Concello de Arbo, presenta o seu Verán Cultural, con cuarenta actividades, encamiñadas a formentar a participación dos vecinos e veciñas de Arbo e potenciar o turismo coa chegada de visitantes durante estos meses de verán.

Un ano máis e coincidindo coa temporada de verán o Concello de Arbo, organiza o Verán cultural que se desenvolverá nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

A programación que abarca a todos os publicos e moi diversa, pero seguimos no mesmo camino de promocionar os grupos, as asociación e o patrimonio que a nosa Vila posue. A diversidade de xeneros e grupos do noso concello permite, que durante estos meses as actividades sexan diversas.

Actividades no Campo de Futbol, no Pavillón e na Biblioteca municipal para potenciar as instalacións de Arbo. Senderimos tanto para todos este ano unha especial para Nenos, San Roque, un clásico do noso patron, cine na Rúa, Campamento de Verán que nos dous primeiros días de inscripción case esgota as prazas, Ruta en Bicicleta, Festas parroquiais…. Entre outras

A XXIII Festa da Lamprea Seca, este ano ten algunha novidade Tendo en conta a repercusión que a gastronomia e o enoturismo esta tendo a nivel nacional e Internacional, este ano as xornadas serán dous días nas que terán lugar diversas actividades para todolos públicos, e donde se poderá degustar a Lamprea Rechea en todas ás súas formas, así como viños das adegas do Concello de Arbo e concerto o sábado de Roi Casal, todo elo na Carballeira de Turbela, donde se contara con mesas, bancos e sombra para pasar un bo día.

O Alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, invita a todos e todas aque veñan a desfrutar das nosas actividades que van dende os máis cativos ata os máis maiores que faran que este verán sexa unha nova forma de ver a nosa Vila, que visiten o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea Arabo, que coñezan as nosas Rutas de Senderismo, disfruten das Praias Fluviais, dos espazos naturais, a disfrutar dos nosos restaurantes, casas de turismo rural e de toda a hostaleria en xeral, porque “Arbo é a Vila da Lamprea, Enogastronomía e Cultura Milenaria“