• Segue conectado
  • |

Un ano máis, o Festival de Cans aumentou o número de obras rexistradas a concurso

O Festival de Cans bateu un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 255 producións galegas, fronte aos 252 traballos da pasada edición. Divididas por categorías recibíronse un total de 85 curtametraxes de ficción, 49 de non ficción, 12 de animación e 87 videoclips. Ademais, recibíronse tamén 22 obras de diferentes formatos, que nalgúns casos comporán as diversas seccións paralelas do festival.

Con respecto aos apartados de curtametraxes de ficción segue rexistrándose -ao igual que nos pasados anos- un gran volume de traballos de creadores e creadoras galegos que viven e desenvolven a súa actividade profesional fóra de Galicia, aínda que menos que noutras edicións. Deste xeito, o comité de selección do Festival valorará obras recibidas dende lugares como Madrid, Barcelona ou Valencia, e de países como Inglaterra, Estados Unidos ou Italia. A sección Furacáns (non ficción), pola súa banda, continúa aglutinando a interesantísimos creadores e creadoras e dende o festival está barallándose a posibilidade de aumentar as curtas integrantes desta sección debido ao gran éxito que se experimentou na pasada edición. Obsérvase tamén como dato moi positivo a recepción de máis dunha ducia de curtametraxes de animación, que garante a constitución desta categoría nesta edición do festival e que, ademais, será dunha calidade excepcional. No tocante aos videoclips, foron recibidas 87 pezas con ritmos que van dende o hip hop ata o pop, a electrónica, o rock, o folk ou o trap, sendo escaparate das últimas novidades e dos diversos estilos de música que existen en Galicia.

Dá comezo agora para a organización un exhaustivo e laborioso proceso de visionado e selección, que se prolongará durante varias semanas e a través do cal se elixirán as obras finalistas en cada categoría.

Publicado o 14 Mar 2019 en Axenda, Cultura, O Porriño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies