• Segue conectado
  • |

Ultreia, o desafío popular do Camiño de Santiago, sairá dende Tui

Percorrerá a distancia de 46 quilómetros, até Pontevedra, nunha única xornada, o domingo 4 de marzo.

Tui | Os peregrinos da antigüidade saudábanse uns a outros gritando: Ultreia. Era a mensaxe de ánimo para chegar ao lugar prometido.

A Ultreia é unha marcha de sendeirismo popular, que se presenta como un reto, un estímulo, unha xornada de convivencia… accesible para calquera tipo de persoas, independentemente das súas calidades físicas.

Ao longo da proba, se establecerán tres puntos de recollida dos participantes que non poidan chegar a Pontevedra, e que os levarán ata a chegada. Desta maneira, cada participante poderá facer a marcha que mellor se adapte a súas condicións.

As inscricións estarán abertas ata o 25 de febreiro, a través da páxina www.cronotec.es, a un prezo de 6,20€ por persoa, recibindo os participantes unha camiseta conmemorativa, unha mochila, os avituallamentos, así como o seguro deportivo e os traslados ata o punto de saída.

Publicado o 20 Feb 2018 en Tui, Turismo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies