• Segue conectado
  • |

Tomiño organiza as “Xornadas feministas para o fomento da participación de mulleres novas”

A actividade, que contará con recoñecidas profesionais do mundo do feminismo e de diversos sectores , celebrarase no salón de plenos, entre o 23 e o 27 de setembro en horario de tarde

Tomiño | O Concello de Tomiño organiza as “Xornadas Feministas para o Fomento da Participación das Mulleres Novas”, dende o luns 23 até o venres 27 de setembro, en horario de tarde.

As charlas e demais actividades terán lugar no salón de plenos do Concello, entre as 16.00 e as 21.00 horas, e contarán coa presenza de figuras de recoñecido prestixio no campo do feminismo, o pensamento crítico, o asociacionismo con perspectiva de xénero, a acción colectiva, a autoestima e a identidade persoal e social.

Entre as poñentes convidadas estarán Nanina Santos Castroviejo (escritora, integrante do consello de redacción da revista de pensamento feminista Andaina e figura histórica do movemento feminista galego), Ania González (avogada e crítica cultural, especialista en Teoría Crítica do Discurso, colaboradora en diversos colectivos independentes e de autoxestión e crítica de arte en Babelia-El País), ou Diana López Varela (xornalista e escritora, autora de “No es país para coños”; directora da curta “Feminazi” e colaboradora en diversos medios de comunicación) que presentará o seu libro “Maternofobia. Relato de una generación enfrentada a la maternidad”.
A través de cinco xornadas, as persoas que participen analizarán o feminismo como teoría e movemento emancipador e a súa contribución aos cambios sociais; experiencias na participación activa das mulleres e a reivindicación de dereitos; procesos de empoderamento, xestión e práctica na constitución de asociación, emprego…. Charlas, debates e obradoiros prácticos dirixidos a mulleres novas que desexen coñecer a nosa historia e contribuír activamente a facer posible que o conto siga mudando até que a igualdade sexa, por fin, unha realidade”, explica Cristina Martínez, concelleira delegada de Igualdade, Benestar e Educación.

Para poder asistir é preciso inscribirse previamente na web municipal xa que as prazas son limitadas. Para as persoas que o soliciten, haberá servizo de gardería.

Programa

Luns 23 de setembro:
“O asociacionismo de mulleres e feminista: da experiencia individual á acción colectiva”
De 16.00 a 16.15: Recepción
De 16.15 a 16.30: Inauguración das Xornadas.
De 16.30 a 17.30: Conferencia de Nanina Santos Castroviejo: escritora, , musicóloga, integrante do consello de redacción da Revista de pensamento feminista Andaina e histórica do movemento feminista galego.
17.30 – 18.30: Conferencia da Representante de Federación de Mujeres Jóvenes.
18.30 – 19.00: Pausa para café.
19.00- 20.00: Andrea Barreira: escritora, integrante do colectivo de crítica literaria feminista A Sega e colaboradora habitual da Libraría de Mulleres Lila de Lilith.
20.00 – 21.00: Debate.

Martes 24 de setembro:
De 16.00 a 17.20: “Identidade feminina e equidade entre homes e mulleres”, Obradoiro impartido por Paula Suárez Gullón (directora de Positivando gabinete psicopedagóxico, delegada en Galicia ECAI Balbalika, Socia Colaboradora TDAH Salnés, secretaria de Empresarias Galicia, directora e presentadora do programa “De Viva Voz”, en Single Radio).
De 17.20 a 17.40: Pausa para café.
De 17.40 a 18.30: Conferencia “autoestima e identidade persoal da revolución feminina á construción social”, impartida por Paula Suárez Gullón.
De 19.00 a 20.00: Conferencia “A diferenciación como eixo de acción na procura de emprego”, impartida por Fátima Rodríguez Marcos, licenciada en Psicoloxía e xerente de Talentea.

Mércores 25 de setembro:
De 16.00 a 17.30: Obradoiro “ Estimulación da creatividade enfocada ao proceso de procura de emprego”, impartido por Fátima de Talentea.
De 17.30 a 18.00: Pausa para café.
De 18.00 a 21.00: Obradoiro “Xogo – un camiño de aprendizaxe, expresión e empoderamento. / A través do teatro de obxectos”, realizado por Alba Grande e Andrea Borda.

Xoves 26 de setembro:
Diana López Varela
De 16.00 a 17.20: Presentación do libro “Maternofobia. Relato de una generación enfrentada a la maternidad” de Diana López Varela (xornalista e escritora. Autora de “No es país para coños” e directora da curtametraxe Feminazi, entre outras cousas. Tamén colabora con diversos medios de comunicación).
De 17.20 a 17.40: Pausa para café.
De 17.40 a 19.00: “Autoestima e expectativas incumplidas: A nova enfermidade das mulleres”, por Diana López Varela.
De 19.00 a 20.00: Proxección da curtametraxe “Feminazi”, de Diana López Varela.

Venres 27 de setembro
Kit feminista para asociacións: Obradorio práctico para a creación e xestión de asociacións con perspectiva de xénero.
16:00. a 18:30: Constitución, órganos de goberno e funcionamento das asociacións. O consenso e toma de decisións con perspectiva de xénero. Réxime fiscal e financiamento. Subvencións. A contratación pública
18:30h: Pausa para café
19:00 a 21.00h.: Outra normativa aplicable a asociacións : Protección de datos, dereitos de imaxe e propiedade intelectual. Organización de actividades. Coxestión de espazos públicos. Programas para o fomento do feminismo no movemento asociativo.

Publicado o 17 Set 2019 en Benestar Social, Portada, Tomiño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies