Sesión de xaneiro do Club de cómic Lecturas Debuxadas

A actividade está organizada pola asociación Espazo Lectura de Gondomar

O martes 17 de xaneiro, a sesión do club de cómic Lecturas Debuxadas estará dedicada á novela gráfica Inolvidable (Astiberri Ediciones) do autor neoiorquino Alex Robinson.
A cita é na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20:00 horas.

O cómic
Andy Wicks, un home de mediana idade, intentouno todo para deixar de fumar, desde a forza de vontade ao último en parches e chicles de nicotina, así que quizais tamén podería probar coa hipnose. Que é o peor que podería ocorrer? O instituto! Andy vese de regreso a 1985 e debe volver vivir os seus anos de formación como un torpe e desgarbado adolescente. Deberá repetir os erros do seu pasado ou terá unha segunda oportunidade de facer ben as cousas? O que é seguro é que esta vez non deixará pasar a ocasión de pedirlle unha cita á moza da clase de matemáticas da que está namorado.

O autor
Alex Robinson naceu no Bronx, Nova York, en 1969. En 1987 graduouse en Yorktown High School. Traballou nunca importante libraría durante sete anos antes de deixar o traballo para dedicarse ao cómic a tempo completo. En 2001 gañou o premio Eisner ao Talento pola súa novela gráfica Malas Ventas, que tamén lle valeu o premio ao primeiro álbum no festival de Angoulême de 2005.