• Segue conectado
  • |

Salvaterra organiza unha xornada de promoción da alimentación saudable no mercado municipal

Salvaterra de Miño | O próximo 15 de maio, dentro do programa autonómico “Quere o teu mercado”, o Concello de Salvaterra organiza na súa Praza de Abastos unha xornada de promoción da alimentación saudable coa nutricionista Ana Laura Fariña Barco, que elaborará e repartirá receitas de menús saúdables con produtos do mercado, ademais de atender todas as dúbidas das persoas que se desplacen a Praza o martes, aproveitando que é día de mercado.

Ademais un grupo de nenos e nenas o IES Salvaterra desplazaranse ata o mercado cun dobre fin, por un lado para por en valor e que coñezan de primeira mán como funciona e que produtos se venden nunha Praza de Abastos e por otro adquirir uns hábitos saudables na súa dieta. A través dunha exposición de merendas saudables onde os rapaces e rapazas desfrutarán de diversas alternativas para a súa merenda dunha forma sana e divertida, introducindo hábitos saudables dende idades temprás, xa que somos o que comemos.

Así que se queres aprender a comer sano ou simplemente xa o fas e queres facer unha consulta a nosa nutricionista so tes que acercarte ao mercado o próximo martes 15 de 10.00 a 14.00h.

Publicado o 9 Mai 2018 en Axenda, Portada, Salvaterra de Miño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies