Ribadetea reclama compromiso coa realización dun proxecto de saneamento para a totalidade da parroquia

O Alcalde, como responsable de Medio Ambiente, deberá facer as xestións necesarias para avanzar neste proxecto

Ponteareas | A Plataforma Veciñal para o Saneamento de Ribadetea, continua traballando para conseguir o obxectivo de dotar a esta parroquia coa infraestrutura básica para o tratamento de augas residuais.

Recentemente mantiveron varias reunións cos grupos políticos municipais para explicarlles a necesidade e a prioridade de saneamento para una parroquia con 900 habitantes que limita coa ribeira dereita do rio Tea, nun percorrido de 4 kms . Nun área de especial protección, pertencente a Rede Natura 2000.

Os grupos políticos que acudiron a estas reunións foron EU, PP, ACIP e PSOE. Todos concordaron cos veciños, que Ribadetea é a parroquia con maior concentración de poboación que non conta con rede de saneamento no Concello de Ponteareas.

Dende a Plataforma polo Saneamento de Ribadetea lle pedimos a todos os grupos políticos da Corporación Municipal, que se comprometan coa realización dun proxecto de saneamento para a totalidade da parroquia así como coa execución das obras con un calendario definido a corto-medio prazo.

Asemade esperemos que o Alcalde, como responsable de Medio Ambiente, faga as xestións necesarias con Augas de Galicia e coa Confederación Hidrográfica, que permita avanzar neste proxecto, tal e como se comprometeu na reunión mantida cos veciños.