• Segue conectado
  • |

Reunión da Comisión de Seguemento Contra a Violencia de Xénero

Porriño | A Mesa de Coordinación contra a Violencia de Xénero reuníuse hoxe na casa consistorial de Porriño coa asistencia de responsables da Subdelegación do Goberno, da Garda Civil, da Policía Local e do Centro de Información á Muller e Servizos Sociais do Concello de Porriño.

A alcaldesa, Eva García de la Torre e Lourdes Moure, concelleira de Seguridade presidiron a reunión de traballo que tratou diversas medidas de coordinación entre estas institucions e as forzas e corpos de seguridade. Asimesmo revisaronse as últimas cifras sobre denuncias, ordes de protección de víctimas e de afastamento de agresores.

Porriño é un dos once concellos da provincia de Pontevedra que está integrado no Sistema de Seguemento Integral da Violencia de Xénero (VIOGEN) para a prevención de situacions de risco e protección das víctimas. Precisamente os representantes do Concello informaron ós restantes asistentes das actividades formativas que se desenrolarán ó longo do mes de maio nos diversos eidos da seguridade feminina e protección xurídica e tratamento das víctimas e protocolos de actuación ó cargo dos profesionais que teñen que atenderlas

Publicado o 27 Abr 2019 en Benestar Social, O Porriño, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies