• Segue conectado
  • |

Resposta da alcaldesa as afirmacións do PP Porriño sobre o IBI

A alcaldesa cualifica de “dobre mentira”, a afirmación do Partido Popular do Porriño de que o Goberno local prepara un ‘catastrazo’ e lamenta a irresponsabilidade e o cinismo dos dirixentes populares neste tema

O Porriño | Eva García de la Torre sinala, en primeiro lugar que, como puideron comprobar as veciñas e veciños, dende que chegara a Alcaldía, o Imposto de Bens Inmobles (IBI) non so non subiu senón que baixou, algo que tamén sabe moi ben o Partido Popular.

En segundo lugar, a ‘regularización catastral’ da que fala o PP do Porriño está instruída de oficio polo Ministerio de Facenda e Función Pública que está dirixido por Cristóbal Montoro, militante do Partido Popular.

Isto supón que as cartas que lles cheguen ás porriñesas e porriñeses informándolles de que se lles abre procedemento de regulación catastral e que teñen que pagar, de entrada, 60€, as envía a Dirección Xeral do Catastro, un organismo dependente do Ministerio de Facenda, baixo a responsabilidade do dirixente do PP Cristóbal Montoro.

ibi

 

Esta misma advertencia ven de facela, de xeito moito máis responsable, a alcaldesa de Mos, vicepresidenta do Partido Popular de Pontevedra que ,tal e como publicaron varios medios de comunicación, informa as súas veciñas e veciños de que van a a recibir unha carta de regularización catastral.

A alcaldesa de Mos aclara, literalmente, que “aqueles veciños que estean incursos no procedemento de regularización catastral teñen que pagar unha taxa de 60€ establecida polo Catastro e que a recadación corresponde única e exclusivamente ao Catastro, non tendo absolutamente nada que ver coa mesma o Concello de Mos”.

Esta información deixa ao descuberto a mentira do PP do Porriño que, ademais, oculta o feito de que esta revisión está dirixida a aqueles que non pagan o IBI co cal, seica, o que tentan os dirixentes populares é beneficiar e seres cómplices destas persoas, en prexuízo das porriñesas e porriñeses que si cumpren coas súas obrigas.

García de la Torre aclara, en terceiro lugar, que si é partidaria de aplicar unha porcentaxe correctora aos valores catastrais das edificacións do Porriño, que non se actualizan dende 1985, hai xa 32 anos, en especial ás naves de moitas das empresas dos polígonos industriais. Foi ela mesma quen o expuxo nun Pleno da Corporación, sen agocharse, como afirma o Partido Popular, e informando delo a todos os grupos políticos do Concello e aos veciños.

Como sabe moi ben o PP, esa corrección non afectaría ao tipo do IBI que pagan os porriñeses polas súas casas, o que supón que o seu recibo apenas subiría uns céntimos de euro, senón que incidiría, principalmente, nas empresas que traballan nos polígonos, que teñen a obriga de pagar este imposto como todos os cidadáns.

A elo engádese o feito de que o propio Ministerio de Facenda xa adiantou que revisará, de oficio, os valores catastrais de aqueles concellos que levan moito tempo sen facelo,coma o do Porriño, e que aplicará unha corrección do1,08% a base sobre a cal se calculará o valor catastral, o que non afectará ao tipo do imposto que se aplica aos porriñeses polo cal, “na práctica será inapreciable”.

A alcaldesa lamenta, por último, que o Partido Popular afirme, “o único obxectivo é recadar fondos e cun único beneficiado, o Concello…”, esta frase é especialmente desprezable e aínda máis cando ven dun grupo político que tivo a responsabilidade de goberno.

Eva García de la Torre lembra que a Administración Municipal presta incontábeis servizos, que eses servizos teñen un custo, que pagan os porriñeses, e que aqueles que xestionamos os cartos das veciñas e veciños temos unha grande responsabilidade e a obriga de que os mesmos redunden en beneficio dos cidadáns.

A alcaldesa lembra que grazas á ‘estupenda’ xestión do PP, o Concello do Porriño ten que devolver unha importante cantidade da taxa do lixo cobrada a empresas dos polígonos logo da anulación da ordenanza de recadación: “facer esta devolución suporá que os recursos de todas e todos os veciños se vexan reducidos”.

Ademais, remata García de la Torre, as porriñesas e porriñeses non esquecen que todos os concelleiros do Partido Popular votaron en contra, nun Pleno do Concello, de que 1.300.000€ dos veciños se destinasen a investimentos no Porriño e preferiron que eses cartos seguisen en poder do banco antes que destinalos a obras e inversións moi necesarias na nosa vila.

Publicado o 13 Abr 2017 en O Porriño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies