• Segue conectado
  • |

Ponteareas recibe aos nenos e nenas saharauis


Ponteareas | O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde e concelleira de Ensino e Eventos, Cristina Fernández, recibirón hoxe no salón de plenos da Casa do Concello aos nenos e nenas que pasarán o verán en Ponteareas grazas ao programa “Vacacións en paz” promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Ata o mes de setembro vivirán con familias pontearéas ás que alcalde e tenente de alcalde agradecen a súa xenerosidade.

“Grazas á colaboración destas familias este verán seis nenos e nenas chegados dos campamentos saharauis desfrutarán de dous meses na nosa vila. Esta iniciativa de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui permite, cada ano, que estas dúas culturas sigan a ser irmás”, explica Cristina Fernández.

Pola súa banda, o alcalde Xosé Represas adianta que nestes días procederase á sinatura do convenio que, como cada ano, contribúe a que este intercambio sexa posible e reforza o espírito solidario tanto da asociación como das familias.

Conchi Fernández, delegada de zona da asociación, agradece a colaboración do concello e das familias acolledoras e agarda contar para o vindeiro ano con máis familias para que máis nenos e nenas poidan desfrutar dunhas vacacións en paz. Os e as interesadas en participar deberán porse en contacto coa asociación no número de teléfono 986 262 637.

Publicado o 23 Xul 2019 en Benestar Social, Ponteareas, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies