• Segue conectado
  • |

Ponteareas declara a caducidade da concesión de dúas minigasolineiras

Son as gasolineiras situadas na N-120, cruce a Mondariz, e na estrada das Neves, rotonda das Pombas

Ponteareas | O Concello de Ponteareas vén de iniciar a tramitación do correspondente expediente administrativo de cara a declarar a caducidade das concesións outorgadas á marxe do obrigado procedemento de concorrencia competitiva pola correspondente Comisión de Goberno de maio de 1992, autorizando o dereito de uso de solo público “para a instalación de tres minigasolineiras” situadas na N-120 no coñecido como “cruce de Mondariz”, na estrada das Neves (rotonda das Pombas) e unha terceira nas inmediacións do Parque da Feira Vella , esta última nunca chegou a executarse.

 

Dado que o prazo da concesión, que era de 25 anos, vence en maio deste ano, as empresas deberán deixar libres as instalacións das minigasolineiras do cruce da estrada de Mondariz e da estrada das Neves, que reverterán ao Concello libres de cargas.

Co inicio deste expediente e a reversión das instalacións ao Concello, explica o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, “rematase cunhas concesións outorgadas de xeito irregular, revertendo as instalacións ao Concello e, polo tanto, a todos os veciños e veciñas de Ponteareas”. Represas salientou asimesmo que o Concello está a valorar o outorgamento de novas concesións, “baixo un réxime de competencia na selección dos adxudicatarios que, fronte ao que se fixo no pasado, garanta a máxima participación municipal nos beneficios das gasolineiras”.

Publicado o 23 Feb 2017 en Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies