• Segue conectado
  • |

Ponteareas celebra a semana de Rosalía

NDEA_ reparto-material-rosalía-locais-comerciaisPonteareas|As concellerías de Cultura e Comercio organizan unha serie de actividades conmemorando o aniversario do seu nacemento

Rosalía de Castro é a gran protagonista da semana cultural en Ponteareas. A concellería de Cultura, xestionada por Hortensia Bautista, celebra o 23 e o 24 de febreiro actividades infantís de lectura e confección de murais e pancartas con poemas da poetisa na Biblioteca Municipal. Estas actividades desenvolveranse durante a mañá con alumnos de diferentes centros de ensino e pola tarde con todos aqueles nenos e nenas que acudan acompañados dos seus pais e nais.

O sábado pola tarde terán lugar varios actos dedicados a conmemorar o nacemento desta gran figura literaria. Comezarán ás 18:00 cun acto institucional na Casa do Concello, para continuar ás 18:30 horas cunha ofrenda floral na rúa Rosalía e pechar co Festival Rosalía no Auditorio Reveriano Soutullo a partir das 19:00 horas.
O Festival Rosalía contará con poemas e música a cargo das agrupacións musicais de lectura e como Percusión Infantil do Centro Cultural Chaín, Mínima Son, Wiki Rosalías, LeCRAs de Dodro, Pandereteiras Pedra da Garza e Mínima Son.

Ademais, a concellería de Comercio, dirixida por Mario Lago, colaborou no reparto de material polos locais comerciais da rúa Rosalía de Castro que axude a difundir a obra da autora.

Publicado o 28 Feb 2016 en Cultura, Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies