Os veciños de Arbo pídenlle axuda ó Apóstol Santiago


Ofrenda dos veciños de Arbo ó Apóstol Santiago, patrón de Galicia:
Dende esta praza do Obradoiro, antesala da catedral consagrada o venerado Apóstol Santiago, un dos tres centros de espiritualidade máis importantes do mundo, nos, vecinos do concello de Arbo, acompañados en fraternal unión cos nosos amigos do outro lado do Miño, das terras de Messegaes, de Valadares, de Sá, de Ceivaes, de Monçao e de Melgaço presentamos a nosa simbólica ofrenda o excelso apóstol e patrón de Galicia.
Señor Santiago: co debido respeto, os que atá aquí nos desplazamos hoxe, xunto co resto dos veciños que non pudieron vir, estamos moi preocupados por que pola nosa terra, no tramo medio do Miño internacional, onde predicou e convertiu san Martiño alá polo século V, preténden construir unha liña de alta tensión que vai perxudicar de maneira moi notable as nosas vidas e as nosas terras. Este feito significaría a ruina pras nosas vidas: o electromagnetismo que produce o transporte de tanta tensión traería enfemidades graves como cancro, infertilidade, demencia, malformacións xenéticas, provocaría a contaminación das nosas augas, o empeoramento das nosas colleitas e a desaparición total das nosas parroquias nacidas o amparo do xa mencionado San Martiño e do rei suevo Miro nos albores da construcción da nosa patría. Ese é o motivo polo que hoxe estamos aquí, e apelamos a túa intercesión, dende a nosa máis grande humildade, para que prendas nos corazóns dos que teñen que tomar as decisións a chispa da xustiza e da razón, e desvíen este trazado a lugares onde non perxudique a vida das persoas e das terras. Monte baldío e hermo hai de abondo para construir esta liña, e afastala dos lugares poboados, onda nin homes nin colleitas se vexan ameazados plo electromagnetismo.
Moitos dos aquí presentes profesamos na fé de Xesucristo, a mesma que pedricaches nestas terras do Finisterre e que fixo camiño na construcción de Occidente, un camiño que dende diferentes puntos de Europa chega a Santiago de Compostela vencendo dificultades, e por iso polo que estamos convencidos de que vencendo tamén moitas dificultades imos ser capaces de cambiar o trazado desta liña de alta tensión, e que coa tùa intercesión e a nosa loita seremos quén de afastalo das nosas terras definitivamente e poder voltar a tranquilidade que sempre tivemos e desexamos. A beleza deste val do Miño que se enche de verde en primaveira e de amarelo en outono, coroado por sete capelas con sete advocacións a diferentes santos, non merece ser estragado por unha liña de morte. Nos, apostamos pola vida e nesa loita estaremos ata o final.
Coa seguridade da túa intercesión, aproveitamos tamén para darlle as grazas a esta cidade, Santiago de Compostela, capital de Galicia, por acollernos hoxe aquí e prestarnos as súas rúas para poder expresarnos en liberdade. Gracias Santiago
Que así sexa.