• Segue conectado
  • |

O suministro eléctrico en Atios estará regularizado en dous meses

NDEA_ Manuel CarreraO Porriño | O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras comunicou aos veciños dos lugares de Os Galegos, Torre, Carbón e Campo de Fútbol, na parroquia de Atios, que logo de meses de conversas entre o Goberno local e responsables de Fenosa, acadouse un acordo para a conexión da rede de media tensión do transformador de Os Galegos.

Manuel Carrera e os representantes de Fenosa estipularon, hai dúas semanas, que o enganche será soterrado e que nun prazo de dous meses estará regularizado o subministro eléctrico aos veciños destes barrios, de xeito que o mesmo teña as mesmas características de potencia e fluidez da electricidade que chega aos domicilios do resto do Porriño.

Fenosa xa rematou o proxecto para poder proceder a este ‘enganche’, proxecto que xa se presentou a Industria para que as obras poidan iniciarse nos vindeiros días, de xeito que o subministro chegue baixo terra, e non por postes de alta tensión, ás casas, como demandaban, dende hai moito tempo, a maioría dos veciños.

Publicado o 28 Feb 2016 en Infraestructuras, O Porriño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies