• Segue conectado
  • |

O PSdeG sitúa a igualdade entre mulleres e homes como “un obxectivo irrenunciable” e avisa de que “non tolerarán un paso atrás”

A vicesecretaria xeral de Igualdade participa na manifestación feminista que tivo lugar este domingo en Lugo

Santiago de Compostela / PSdeG | A vicesecretaria xeral de Igualdade do PSdeG, Icía García, reivindicou hoxe “o compromiso dos e das socialistas coa igualdade” entre homes e mulleres e, por iso, chamou a toda a sociedade a secundar as concentracións convocadas o vindeiro 8 de marzo.

Máxime, como subliñou, nun momento no que a dereita está cuestionando “con dureza” o traballo en prol da igualdade, como reflicten as declaracións dos seus principais líderes a nivel estatal ao falaren sobre a violencia machista ou o interrupción do embarazo.

“Non toleraremos un paso atrás”, recalcou a dirixente socialista, consciente de que a igualdade entre mulleres e homes é “un obxectivo irrenunciable” e no que aínda queda “moito camiño por avanzar”.

Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies