• Segue conectado
  • |

Concellería de Ensino de Ponteareas e varios centros escolares presentaron o proxecto “Camiños Escolares”

A Concellería de Ensino colaborou cos centros IES do Barral, CEIP Ramiro Sabell e CEIP Santiago de Oliveira

camiños escolares

Ponteareas | O salón de plenos do Concello de Ponteareas converteuse por unhas horas nun estudo de arquitectura e enxeñería industrial no que os alumnos do IES do Barral desplegaron maquetas, planos, gráficos, ideas e, sobre todo, moita enerxía.

Estaban a pór enriba da mesa presidencial o seu proxecto “Camiños Escolares” que presentarán á I Bienal de Arquitectura Xuvenil (LUDANTIA). Acompañados polo Alcalde de Ponteareas, polo director do seu centro, pola Concelleira de Ensino e polo director do CEIP Ramiro Sabell que tamén participou no proxecto, os escolares trasladaron ao governo de Ponteareas os deseños e as obras necesarias para contar cun camiño que conecte os dous centros escolares co centro da vila e poder así, asistir ás clases en bicicleta ou mesmo a pé desfrutando dunha paisaxe natural.
Atenta dende o público, a Tenente de Alcalde e Concelleira de Vías e Obras, tomaba nota de todo o que estes enxeñeiros precoces estaban a prantexar.

Un grupo de trinta alumnos de entre primeiro de secundaria ata primeiro de bacharelato do IES do Barral e un grupo de cincuenta alumnos de cuarto de primaria do CEIP Ramiro Sabell traballaron durante o curso percorrendo o sendeiro que vai por detrás do instituto, observando a vexetación, analizando as barreiras arquitectónicas, anotando os obstáculos e salientando todos os elementos que fan da zona o lugar ideal para chegar ao centro da vila. Como se fosen un gabinete profesional, nas súas reunións de traballo foron aportando posibles solución ata configurar o que hoxe é a súa proposta para un camiño saúdable, seguro e agradable.

“A Concellería de Ensino, unha vez convocada esta Bienal, apostou dende o primeiro momento por esta iniciativa, convidando aos centros escolares de Ponteareas a participar na mesma, deseñando un camiño escolar, un espazo de lecer nos centros escolares ou rehabilitando un espazo público da vila nunha zona de recreo para a mocidade”, explica a Concelleira de Ensino Cristina Fernández.

Para levar adiante este proxecto era fundamental que as ideas, o traballo e o deseño foran do alumnado. E para conseguilo, a Concellería de Ensino puxo os medios para proporcionarlles asesoramento técnico a través dos profesionais da Arquitectura e da Arte, coa colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos.

Tamén participará na mesma bienal o CEIP Santiago de Oliveira que presentará a creación dun espazo de lecer no seu colexio.
O Alcalde de Ponteareas Xosé Represas, quixo agradecer o traballo e o esforzo realizado tanto por alumnos como polos profesores e as tres arquitectas que fixeron de asesoras, “este é un exemplo máis da participación cidadá, de facer de Ponteareas unha vila saúdable, respetuosa co medio ambiente e no que se integren todos os veciños, un exemplo de que o traballo conxunto é sempre positivo. Facer de Ponteareas unha vila para os maiores e para os pequenos, un hábitat saúdable que está na liña de tódalos esforzos que se integran nos nosos proxectos dos fondos FEDER”.

Publicado o 17 Xul 2017 en Educación, Ponteareas, Xuventude.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies