• Segue conectado
  • |

O Goberno de Carmela Silva incrementa ata os 8,4 millóns de euros os investimentos de 2019 na comarca de Vigo a través do Plan Concellos

O próximo ano os dez concellos aumentarán en torno ao 3,3% os recursos que reciben co Plan Provincial da Deputación de Pontevedra

 

Vigo | O goberno da Deputación destinará neste novo ano 2019 á comarca de Vigo a través do Plan Concellos un total de 8.369.109,23 euros, o que supón un incremento do 3,3% con respecto ao exercicio anterior. Máis polo miúdo, a institución provincial pon a disposición de O Porriño 1.132.222,96 euros, un 3,22% máis que no 2018; para Redondela destina 1.214.956,77 euros, un 3,62% máis que o ano pasado; no caso de Nigrán, o goberno de Carmela Silva destina 1.025.470,24 euros, o que supón case un 3% máis que no exercicio anterior; en canto a Gondomar, disporá de 1.003.879,76 euros, un 3,5% máis que en 2018; para Mos, o goberno provincial destina 994.935,05 euros, o que supón un incremento do 3,3%; Baiona ten á súa disposición 951.515,33 euros, un 3,23% máis que o ano pasado; no que respecta a Salceda de Caselas, a Deputación destina 677.440,1 euros, un 3,34% máis que no 2018; pola súa banda, Soutomaior disporá de 559.524 euros, o que supón un aumento dun 3,2%; no caso de Pazos de Borbén, o goberno de Carmela Silva destina 413.082,57 euros, un 3,3% máis que o ano pasado; e por último, ao abeiro do Plan Concellos 2019, Fornelos de Montes ten a súa disposición 396.082,57 euros, un 3,1% máis que no exercicio do 2018.

No 2019 todos os concellos da provincia percibirán máis investimentos polo que a Deputación revalida o seu liderado no estado en transferencias directas aos municipios

Ata agora na comarca de Vigo os investimentos do Plan Concellos dos últimos tres anos financiaron a realización de 202 obras e infraestruturas e a creación de 646 empregos.

Neste novo ano 2019, no total da provincia, a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos 59 municipios ao través do Plan Concellos case 43 millóns e medio de euros, o que supón un 3,3% máis que no exercicio do 2018. No que respecta á liña 1, destinada a investimentos, a institución provincial pon a disposición dos concellos 30 millóns de euros; no caso da liña 2, de amortización, pago de débedas e gastos correntes, son 3,9 millóns; e por último, para a liña 3, destinada a contratación de empregados, irán 9,5 millóns de euros.

Carmela Silva: “O Plan Concellos é o corazón dos investimentos na provincia para garantir os servizos básicos e os dereitos”

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, definiu o Plan Concellos como “o corazón dos investimentos na provincia para poñer a disposición dos concellos mais recursos que nunca na súa historia”. A presidenta puxo en valor “os centos de obras feitas co Plan, obras imprescindibles, dotacións, equipamentos, saneamento, abastecemento, políticas sociais, de igualdade, medio ambientais ou de creación de emprego”. “O Plan Concellos é o gran plan da Deputación de Pontevedra, dixo Silva, que ten realizado un cambio radical de modelo no que os recursos se reparten con criterios obxectivos e chegan a todos os concellos sexan da cor política que sexan. Un plan que chegou fai catro anos para quedarse”. A presidenta provincial lembrou que “este ano todos os concellos recibirán máis recursos que nunca para con elo permitir que calquera persoa, viva onde viva, tiña garantidos os servizos básicos e os dereitos”.

Publicado o 28 Dec 2018 en Axenda, Infraestructuras, Portada, Urbanismo, Vigo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies