O concello de Salvaterra presenta a Gala de Premios da Escudería Surco

Salvaterra de Miño | O mércores 29 de Xaneiro tivo lugar no Concello de Salvaterra de Miño a presentación da que será a Gala de Premios da Escudería Surco. En dito acto estiveron reunidos o presidente da Escudería Surco, Manuel Carballo Logo, xunto ca alcaldesa Marta Valcárcel, a cal mostrou seu apoio incondicional a éste clube organizador que en 2020 chegará as dezasete edicións do seu evento estrela: o rally Sur do Condado.

Tras case 19 anos de actividade, a Escudería Surco organiza por primeira vez unha gala para recoñecer a labor e o apoio de concellos, marcas comerciais e pilotos que optaron por ésta organización, e que prolongaron dita colaboración durante todos estes anos.

O evento terá lugar o Sábado 15 de Febreiro no salón de actos da Casa da Cultura de Salvaterra, entre as 18 e as 21 horas, e serán dados unha serie de galardóns e mencións por parte de Surco hacia todas esas figuras de vital importancia para o desenrolo das súas actividades, dende sponsors ata voluntarios, pasando por entidades públicas e persoas que xa non están, pero que no seu momento foron clave para a continuidade do clube.