• Segue conectado
  • |

Arbo recibe unha achega para a redacción dos proxectos para a creación de Parques Forestais

Subvencións concedidas ao Concello de Arbo pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no marco da “Convocatoria de subvencións a concellos destinadas á mellora dos montes mediante a creación de parques forestais” (BOPPO nº 66 de 04.04.17)

Arbo | Este Concello tras solicitude presentada no marco da Liña 1 da convocatoria do Ente Provincial para o ano 2017 resultou beneficiario das seguintes subvencións:

*Subvención por importe de 11.616,00 € para a redacción do proxecto para a creación do parque forestal de “Alto de San Fins”, cun orzamento total de 14.520,00 €. O contrato de servizos para a redacción do referido proxecto ven de ser adxudicado neste ano 2018 á mercantil “LAGARES OCA S.L.” no importe de 12.000,00 €. Existen amplos Convenios de Colaboración asinados coas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Cabeiras e Sela, nos que se contempla o compromiso de ambas partes de garantir que dito parque forestal será destinado ao uso e lecer de toda a cidadanía, sendo de acceso libre, sen máis restricións que as que se xustifiquen no proxecto a redactar conforme á normativa de aplicación.

*Subvención por importe de 4.791,60 € para a redacción do proxecto para a creación do parque forestal de “Bouza de Miguel”, cun orzamento total de 5.989,50 €. O contrato de servizos para a redacción do referido proxecto foi adxudicado o pasado ano 2017 á mercantil “SERVICIOS TÉNCICOS E OBRA DO RURAL S.L.” no importe de 5.989,50 €. Existe Convenio de Colaboración asinado coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Arbo, no que se contempla o compromiso de ambas partes de garantir que dito parque forestal será destinado ao uso e lecer de toda a cidadanía, sendo de acceso libre, sen máis restricións que as que se xustifiquen no proxecto a redactar conforme á normativa de aplicación.

Publicado o 25 Ago 2018 en Arbo, Medio Ambiente, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies