• Segue conectado
  • |

O Concello da Guarda impulsa a promoción da vila como destino turístico en FITUR

Un ano máis, o Concello da Guarda participa na Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebra, do 18 ao 22 de xaneiro, a súa 37ª edición.

 

A Guarda | Dende o día de onte a delegación da Guarda formada polo alcalde, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Montse Magallanes, o concelleiro de Patrimonio, Javier Crespo e a técnico de Turismo da Guarda, Rosalía Verde, está a manter diversas reunións para promocionar e impulsar A Guarda como destino turístico.

O mércores día 18, no primeiro día de FITUR, a delegación da Guarda mantivo varias reunións con consultores turísticos especializados no público alemán, con algún blogueiro italiano e mantivo contactos con importantes axencias turísticas que visitan A Guarda regularmente. Estiveron ademais cos responsables da preparación do proxecto conxunto da Guarda e Caminha para presentar a candidatura do Esteiro do Miño como Patrimonio da Humanidade na categoría de Paisaxe Cultural Transfronteiriza.

Na xornada de onte tamén acudiron a unha reunión, convocada pola Secretaría de Estado de Turismo, con Antonio Nieto Magro, Subdirector Xeral de Cooperación e Competitividade Turística, que vai apoiar os proxectos de promoción dos Destinos EDEN (European Destinations of Excellence). Ademais, estiveron apoiando a presentación de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017.

 

Hoxe, xoves 19, é o día máis importante para a delegación da Guarda, que asistiu ás 12 horas á presentación realizada pola Deputación de Pontevedra do Camiño Portugués da Costa, elixido por Turismo Rías Baixas como o produto a promocionar nesta edición de FITUR e que incluíu o seguinte vídeo, adicado á experiencia única que supón realizar esta ruta https://www.youtube.com/watch?v=FPQHVXFDrwg.
Así mesmo, a delegación da Guarda continuará mantendo durante o resto da xornada reunións e contactos con axencias e consultorías de Turismo activo.

En datas próximas, dende o Concello da Guarda convocarase a tódolos sectores económicos interesados nunha reunión para tratar a promoción do Camiño Portugués da Costa no seu paso pola Guarda.

Publicado o 19 Xan 2017 en A Guarda, Turismo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies