• Segue conectado
  • |

Noticias falsas nos medios de comunicación españois, en 2016.

Editorial | Hoxe, neste primeiro editorial de NOVAS DO EIXO ATLANTICO, para 2017, botamos man dun artigo do xornalista Antonio Mestre, colaborador de La Marea, de onde tomamos o material informativo que queremos ofrecerlles. E facémolo porque, dentro das nosas limitadas posibilidades, xa levamos algún tempo denunciando a “toxicidade” dos medios de comunicación que nos presentan como fontes de información auténtica. Antonio Mestre danos datos e pistas para comprobar esta peligrosa mentira.

O diccionario Oxford elixiu “posverdade” como palabra do ano. Un neoloxismo que “denota circunstancias en que os feitos obxectivos influen menos na formación da opinión pública, que os chamamentos á emoción e á crenza personal”. A palabra foi un mantra nos medios de comunicación tradicionais. O Brexit, a victoria de Donald Trump, o fracaso do referéndum das FARC, todo se explica por este término esquivo e engolado que, curiosamente, non se refire ao papel que os medios teñen na formación da opinión pública.

Ryszard Kapusczinsk (2002) dicia: “Estamos vivindo dúas historias distintas: a de verdade e a creada polos medios de comunicación. O drama e o perigo están no feito de que coñecemos cada vez máis a historia creada polos medios de comunicación e non a de verdade”.

Un cidadán español que quixera estar informado tivo que lidiar con noticias falsas nos medios máis influíntes. Estes son só uns cantos exemplos.

A desaparición de Izquierda Unida

“ÚLTIMA HORA | Alberto Garzón pone fin a Izquierda Unida”. Así rezaba o tuit que o diario El País puña para comenzar 2016.

A noticia seguía así:

“Chegou o momento de finiquitar as siglas de Izquierda Unida e alumbrar unha nova formación política que deixe atrás unha estructura ríxida e burocrática; que rompa coa chamada vella guardia. Decisión tomada por Alberto Garzón e a cúpula do partido que lle é afín

Izquierda Unida continúa sendo un partido autónomo cos seus órganos e estructura e Alberto Garzón a día de hoxe, un año despois, segue sendo coordinador xeral desta formación.

Rajoy presidente en setembro ou eleccións no Nadal

El Mundo e La Razón coincidiron o 19 de agosto na portada. El Mundo afirmaba: “Rajoy será presidente en setembro ou haberá eleccións o día de Nadal”. Pola súa banda La Razón dicia “investidura o 30 de agosto ou terceiras eleccións no Nadal”. Dúas portasdas que xa eran falsas no momento de publicarse e que os feitos remataron por confirmar.

O obxectivo final de ámbolos dous xornais era presionar para lograr a formación dun goberno na sesión do 30 de agosto, pero naquel momento había máis opción. Finalmente Mariano Rajoy foi investido presidente do goberno o 30 de outubro de 2016 e así quedou en evidencia a mentira de ambos dous medios.

A viaxe secreta a Venezuela de las CUPs e Podemos

O 21 de xaneiro de 2016 Antena 3 contaba unha exclusiva que probaría a relación entre “La CUP, Podemos e o entorno de ETA, co réxime de Nicolás Maduro”. As imaxes eran as dun grupo de persoas que subían a un avión no aeroporto de Barajas para ir a Venezuela. Entre os asistentes estaban Anna Gabriel da CUP e alguns membros de Podemos, en Castilla-La Mancha. A información non dicía que “asistían a unhas xornadas culturais” que os protagonistas xa contaran en artículos, blogs,.. publicitadas un año antes da suposta exclusiva de Antena 3.

A falsa exclusiva que Antena 3 tiña lanzado coleou ata El Español, que basándose nela publicou que María José Aguilar asistiu a un acto organizado pola Coordinadora Simón Bolivar en homenaxe a ETA. Para confirmalo basearonse nunha foto na que aparece unha muller de costas co cabelo curto, información que no contrastaron coa afectada e que resultou ser falsa. Aguilar non puido asistir a ese acto porque á mesma hora estaba visitando un pobo a miles de kilómetros de distancia.

O convite a Otegi de IU e Podemos

, Arnaldo Otegi, secretario xeral de Sortu, falou no Europarlamento sobre o proceso de paz no País Vasco. Foi convidado por unha interparlamentaria do “Grupo de Amigos do País Vasco”, que está formado por diputados europeos (varios membros dos Verdes, políticos de esquerda europeos eata un membro dun partido de dereitas rumano). Sen embargo, medios como La Razón, Okdiario, Antena 3 e Carlos Herrera na COPE difundiron a noticia de que Podemos e IU tiñan convidado a Arnaldo Otegi a falar na Eurocámara. Noticia falsa que marcou á axenda dese día e que ningún deles rectificou. Carlos Herrera incluso decidiu escribir un editorial para atacar de forma frontal as dúas formacions. O locutor estrela da cadea dos Bispos afirmou que iamos asistir a unha “infamia” no parlamento europeo propiciada polo convite de Podemos e IU.

O PSOE logra a paralización das reválidas

O diario El País en portada do 28 de octubro levaba un titular concluinte: “Rajoy hace la primera cesión al PSOE y retira la reválida”.

O calendario de implantación a LOMCE xa dicía que no curso 2016/2017, non tería efectos académicos para lograr o título de Bacharelato, e só servirá como proba de acceso á universidade. Ou sexa, o anunciado por Rajoy no Congreso estaba xa no calendario de implantación da LOMCE.

O mesmo El País publicaba o pasado 21 de octubro que o PP e Ciudadanos chegaran a un acordo para paralizar as reválidas se finalmente formaba gobierno. Si existe unha cesión é froito do acordo con Ciudadanos, non co PSOE.

O Informe PISA contra Podemos

Un dos instrumentos utilizados por diversos medios de comunicación, tales como Okdiario o El Confidencial, para descrédito de Pablo Iglesias e do seu partido é o coñecido Informe PISA (Pablo Iglesias Sociedad Anónima). Neste suposto informe policial, no que non aparecen selos policiais nen rúbricas, intentabase demostrar a financiación ilegal de Podemos a traverso da súa vinculación entre a Fundación CEPS e Venezuela e da productora 360 Global Media con Irán. As falsas información que coparon moitas horas nos medios demostraronse totalmente falsas cando a Fiscalía da Audiencia Nacional, en xuño, descalificou o informe considerando que non existía o mínimo indicio documental ou probatorio. Máis tarde comprobouse que se trataba dos traballos feitos pola denominada “policía patriótica”; unha unidade de intelixencia do Ministerio do Interior dedicada a realizar traballos de dudosa legalidade sobre adversarios políticos do exministro Jorge Fernández Díaz.

Estas noticias son só un exemplo da multitude de noticias falsas ou manipulacións que se deron no 2016.. A maioría das noticias falsas publicanse sabendo que o son pero endexamais se rectifican; mantéñense no medio xenerando visitas, que para iso se fixeron.


Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»
Publicado o 19 Xan 2017.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies