• Segue conectado
  • |

Mondariz mellora a sinalización dos seus recursos turísticos

O concello instala unha serie de paneis informativos con información sobre a localización e características dos seus monumentos naturais e culturais

Mondariz | O Concello vén de instalar dous paneis divulgativos dos recursos patrimoniais de Mondariz nas praias fluviais do Ceo e O Val. Os paneis, que teñen un deseño actual e atractivo, recollen os principais recursos turísticos do concello en todas as parroquias e permiten descargar toda a información dispoñible en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Os paneis tamén contan cun código Bidi que permite, mediante un servizo gratuíto dos teléfonos móbiles, acceder á localización de todos os recursos, de forma que ninguén se poida perder. Esta iniciativa está complementada con dous folletos turísticos, un breve e
outro máis amplo (ambos cofinanciados tamén pola deputación), que recollen os principais valores naturais e culturais cos que conta o noso concello, da Ponte de Cernadela ao Castelo do Sobroso, pasando polas praias fluviais e os sendeiros á beira dos ríos Tea, Xabriña e Aboal.

Colaboración coa Deputación

Os traballos de sinalización foron financiados pola Deputación de Pontevedra, que achegou un total 2.198,57 € a través dunha liña de subvencións convocada polo Servizo de Lingua e Cultura. Os paneis, instalados en puntos nodais do concello: a praia fluvial da Ponte de Cernadela (no barrio do Ceo) e a praia do Val (xusto ao pé da área de autocaravanas).

Con esta medida o Concello pretende favorecer o acceso aos principais recursos turísticos da localidade, así como permitir un coñecemento global das súas características, tanto para darnos a coñecer entre as persoas que non nos coñecen como favorecer a estancia dos que xa nos visitaron, pero aínda non coñecen todos os nosos valores patrimoniais.

Publicado o 1 Xul 2017 en Mondariz, Turismo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies