“Marisela e o Roxo”, “O homiño de papel” e “Como mola tu escoba” no Cotomar

O luns 30 de xaneiro, no Contomar, leranse entre outros os seguintes contos: Marisela e o Roxo, O homiño de papel e Como mola tu escoba. A cita, coma todas as semanas, será ás 18:00 horas na biblioteca de Gondomar.

>Marisela e o roxo | Geovanys F. García & André Letria

O amor xurdiu no mercado, cando un mozo de pelo roxo lle regalou á princesa unha mazá, malia que lle podía caer un lapote dun garda real, que daquela non andaban con andrómenas.
Marisela aproveitou a ocasión e, sorrindo con picardía, soltou unha frase para a historia:
–Non será esta a mazá envelenada de Brancaneves?

A princesa Marisela argalla un divertido plan para que o seu príncipe, que non é azul senón roxo, a rescate da torre. O seu amado –que nada ten que ver cos caprichosos príncipes dos castelos veciños– burla muros e vixilancias e consegue entrar no cuarto da princesa. Moitos serán os encontros ás agachadas, pero para que o asunto acabe en voda, aínda que sexa por decreto e non por convicción, Romeo (que se chama así por ironías da historia) terá que enfrontarse cun terrible dragón –porque ata un dragón conseguiron, para lle dar ao asunto un toque serio… e sinistro!

Con estes ingredientes, o xenial autor e realizador audiovisual cubano Geovanys García Vistorte, somete a xuízo valores que se mantiveron ao longo do tempo, e constrúe, nunha época imprecisa, unha divertida historia con eco de contos clásicos, na que os personaxes tradicionais se actualizan e xeran simpatía.

De todos é sabido que os contos constitúen unha ferramenta esencial para ir coñecendo o mundo. Foron testemuñas de distintos momentos históricos e axentes de transmisión de valores en cada época. A súa persistencia no tempo converte os contos en material clásico, cargado de cultura; pero, en ocasións, convén revisar os arquetipos que se lles atribúen aos personaxes, sobre todo desde unha perspectiva de xénero, e valorar se o contido desas historias resulta adecuado para o desenvolvemento da personalidade, posto que o modo de pensar e sentir, estará condicionado por estas lecturas.

Geovanys xoga coa literatura, non sen certa rebeldía e unha mensaxe comprometida, clara e contemporánea de liberdade, que mostra, en certa maneira, o seu xeito de ver e comprender a realidade social e reivindica o trato inxusto que a tradición literaria lles deu a algúns personaxes dos contos infantís.

Articulada con imaxes caricaturescas, coloristas, moi expresivas e en total sintonía co texto, o xa recoñecido André Letria tamén dá pé a reflexionar sobre os rancios costumes da realeza, cun ton irónico e brincadeiro. O ilustrador portugués xa traballou con OQO en varias ocasións (Caracois; Corre corre, cabaciña; A sopa queima…) e foi galardoado no seu país con importantes premios.

Texto de Geovanys F. García | Ilustracións de André Letria | Tradución do castelán Laura Rubio

O homiño de papel |  Fernando Alonso
O homiño de papel nace como creación dunha nena que xogaba facendo obxectos co papel do xornal. Axiña o comparte cos amigos e amigas do parque, pero o texto que leva impreso constitúe un grave pro- blema porque só sabe falar de guerras e desgracias. Buscando a solución, vai primeiro á lavandería, de onde sae branco, pero sen poder falar de nada, ata que por fin aprende a encherse das cousas boas que o rodean: a natureza, as cores, as persoas que van construíndo un mundo mellor. Transmitir todo isto será o seu traballo de agora en diante.

A lectura deste libro é importante fundamentalmente polos valores que transmite: a colaboración fronte ao individualismo; a crítica á negatividade dos medios de información; a actitude construtiva diante dos condicionamentos e dos problemas; a valoración das cousas sinxelas que nos rodean.

¡Cómo mola tu escoba! | Axel SCHEFFLER
A unha bruxa que voa coa súa gata cáeselle o gorro e recupérao con axuda dun can que lle pide, a cambio, viaxar no seu escoba. Logo cáeselle un lazo que lle suxeita a trenza, e esta vez é un loro o que lle axuda e tamén se monta na escoba. Logo é a varita e unha rana. Máis tarde a escoba rómpese e caen todos nunha ciénaga onde lles espera un dragón…

 

 

 

.