• Segue conectado
  • |

Inés Rey reúnese coa Asociación de Veciños da Falperra para abordar as diferentes demandas do barrio

Nos próximos quince días está programada unha reunión coa Xunta para avanzar no proxecto de construción do novo centro de saúde do Mercado de Santa Lucía

A Coruña | Esta mañá a alcaldesa da cidade, Inés Rey, e varias persoas do equipo técnico da Concellería de Urbanismo e Infraestruturas, reuníronse cos representantes da Asociación de Veciños e Comerciantes da Falperra para abordar as diferentes demandas do barrio, entre as que destaca a contrución do novo centro de saúde no Mercado de Santa Lucía.

A alcaldesa asegurou que o obxectivo é “dotar de vida o barrio e reactivalo a nivel comercial”

Na súa visita ao barrio herculino, a rexedora e o cadro de persoal técnico do Concello visitaron o interior do mercado para coñecer o estado da infraestrutura actual. Rey asegurou que a intención é “dotar de vida o barrio e reactivalo a nivel comercial” xa que, segundo a asociación veciñal, nos últimos anos pecharon moitos
locales comerciales e paralizou o empuxe económico do barrio.

Nos próximos quince días está programada unha reunión entre o Concello e o equipo técnico da Xunta para avanzar neste proxecto de remodelación que xa se desbloqueou fai uns meses co presidente do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

Rey explicou, en declaracións aos medios, que estudará coa Xunta a localización dos postos do mercado e do centro cívico, aínda que “o prioritario é a construción do centro de saúde”. A rexedora e o seu equipo técnico tamén revisou o estado das pavimentacións en mal estado das calzadas, así como os desniveis e as fochas que “se repararán canto antes”, asegurou.

Por outro lado, Inés Rey manifestou a súa “vontade de diálogo permanente, constante e fluído con todas as forzas políticas” xa que este é “un mandato de grandes consensos para chegar a grandes proxectos de cidade” e, asegurou, “as miñas portas están abertas sempre para falar con calquera membro da Corporación ou membro da cidadanía. Estamos traballando polo ben da cidade e temos un obxectivo común que é que a cidade avance e iso é o que nos ten que unir a todas as forzas presentes na Corporación para sacar adiante os grandes proxectos”.

Ademáis, a rexedora quixo engadir que “o Goberno municipal ten unha única sensibilidade que é a cidade da Coruña e facer o mellor para a veciñanza, traballando 24 horas ao día 7 días da semana cun único obxectivo qué é mellorar a vida das coruñesas e coruñeses”.

Publicado o 30 Out 2019 en A Coruña, Política, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies