• Segue conectado
  • |

Inauguración do novo Mercado do Progreso na próxima semana

Vigo | O goberno de Vigo ultima os traballos no novo mercado do Progreso, que será inaugurado a próxima semana cun investimento de case cinco millóns de euros. Abel Caballero, que visitou este venres o inmoble, explicou que a reforma contempla dous sotos para aparcamento, unha pranta para o mercado, outra para supermercado e unha praza pública superior con café-restaurante.

NEA_mercado_Progreso

O alcalde de Vigo visitou este venres o mercado do Progreso, que ultima os traballos previos á súa reapertura -programada para a vindeira semana- despois de ter investido o Concello case cinco millóns para a súa remodelación integral.

O mercado, que contará con corenta e un postos, incorporará tras a reforma dous sotos para estacionamento, outra pranta para un supermercado e unha praza superior -con cafetería-, que abrirá despois da desmontaxe, prevista para xuño, da sede provisional.

O novo mercado do Progreso terá novidades importantes, como dous elevadores (un deles panorámico e para 16 persoas), montacargas, escaleiras mecánicas, unha central frigorífica para dar servizo de frio industrial á totalidade dos postos, aparcamento de balde para os clientes, máquina de xeo, cafe-restaurante na terraza, climatización e Wi-Fi, entre outras.

O alcalde asegurou que esta reforma conseguíu “transformar un lugar emblemático da cidade” e subliñou que, “arquitectónicamente, é unha marabilla, chama a atención” o edificio.

Publicado o 22 Abr 2016 en Infraestructuras, Portada, Vigo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies