• Segue conectado
  • |

III Andaina de Guláns organizada pola Asociación Cultural da parroquia

A ruta contará con dous recorridos de 25 km e de 12 km, de media e baixa intensidade, respectivamente, coa saída prevista para as 9 da mañá.

Ponteareas | É unha marabillosa ocasión para camiñar en familia e amigos e coñecer os nosos montes e barrios. O percorrido de 25 km e de dificultade media, sairá da Asociación Cultural de Guláns no parque da Visoureira cara o barrio de Porto e de alí vai ao abandonado barrio de Mallaferro, pasa polo Padrán, Outeiro e polo camiño do Santo camiñarase cara a ermida de San Cibrán, baixando despois cara o barrio de Couso e logo irán a Veiga de Chans, logo pasarán pola Cima, a Muxena, a Cruz, o Eidovello, Salgueiral e de volta, finalmente, á Asociación Cultural.

 

Este percorrido é valedoiro para a Copa de Andainas de Regularidade da Federación Galega de Montañismo. Vai ser cronometrada polo Clube de Montaña Xistra. “Premiarase a regularidade dos participantes, isto é, non o máis rápido é o que terá a mellor puntuación”. “Este ano virán camiñantes de todas partes de Galicia. Tentaremos repetir a andaina o próximo ano ante o éxito de participación”, explica Dionisio Soto, un dos organizadores da camiñada.

O percorrido de 12 km é moito mais doado, apto para todos os públicos e familias con nenos. Os participantes partirán da Asociación Cultural cara o barrio da Costa, Porvizo, Cima, Ceramín, pasando por Penadouro irán camiño do Pereiro, retomar forzas no Outeiro, e alí coller a senda de regreso pola ruta de 25 km ata o seu remate na Asociación Cultural.

A organización realizará un final de festa cun prato de callos e mais outras delicatesen da zona para comentar entre todos as incidencias e sensacións da andaina.

Publicado o 26 Mar 2017 en Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies