Firma do convenio co Ateneo "Sta. Cecicia"


Na mañá de onte o Alcalde de Marín, Francisco Veiga como presidente do Padroado de Cultura do Concello, xunto co actual presidente do Ateneo Santa Cecilia Manuel Rodríguez Igrexas, asinaron o convenio correspondente ao ano 2011 por un importe total de 6.000 €, co obxectivo de que a entidade dispoña de financiamiento para levar a cabo as actuacións e festejos (festa dos Maios, certamen de corales, Enterro da Sardina, Danza de Espadas…) que ao longo do ano vai organizando e coas que se pretende colaborar desde o consistorio.