• Segue conectado
  • |

Faladoiro con Xoaquín Fernández Leiceaga na libraría Libraida

Gondomar | Este venres, 24 de marzo, ás 20:00h na libraría Libraida de Gondomar, falaremos con Xoaquín Fernández Leiceaga arredor da sua novela “Agosto de memoria e morte”, editado por Edicións Xerais de Galicia. Presentará o acto Carlos Méixome.

Xoaquín Fernández Leiceaga. Nado en Noia en 1961. Profesor universitario de Economía na Universidade de Santiago. Investigador en economía rexional e federalismo fiscal. Autor de varios ensaios sobre economía e política en Galicia. Actual voceiro parlamentario do grupo socialista PSdeG-PSOE.

“Agosto, últimos anos do franquismo. Un promotor inmobiliario, ben relacionado cos notables locais, aparece morto. Un neófito policía deberá asumir a investigación. Corrupción? Conflitos empresariais? Asuntos familiares?…”

Pódese ampliar a información sobre este e futuros faladoiros en:
Librería Libraida.
Rosalía de Castro, 13 – 36380 Gondomar (Pontevedra)
No teléfono: 986 389 199, ou na súa páxina no Facebook

Publicado o 18 Mar 2017 en Axenda, Libros, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies