Este sábado celébrase o XIII Festival de Bandas de Música «Vila da Guarda»

A Guarda | A Guarda acolle este sábado unha das citas musicais da programación estival, o Festival de Bandas de Música «Vila da Guarda», que chega este ano á súa XIII edición baixo a organización da Agrupación Musical da Guarda en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello da Guarda.

O Festival terá lugar este sábado día 24 de agosto ás 19:30h no Auditorio de San Bieito contando coa participación da banda da Agrupación Musical do Rosal, a banda da Unión Musical de Allariz e e banda anfitrioa da Agrupación Musical de A Guarda.

En caso de choiva ou mal tempo, o festival realizarase no Colexio dos PP Somascos.