• Segue conectado
  • |

Espumosos para todas as ocasións

Salvaterra presenta dezaseis variedades de espumoso, con uva autóctona, na cuarta edición da Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas, os próximos 2 e 3 de decembro

Salvaterra do Miño | Un ano máis, e xa van catro, o Concello de Salvaterra de Miño presenta a FESTA DO VIÑO ESPUMOSO, un produto que empeza a emerxer dentro da DO Rías Baixas e que temos que contemplar como unha alternativa máis á hora de comer ou cear, presentando dezaseis variedades de espumoso, elaborado con uva autóctona , e onde estarán representadas case a totalidade das adegas que elaboran este produto dentro da DO Rías Baixas.

O que se busca a través desta festa, aparte de promocionar un produto tan importante para a nosa terra e a nosa propia economía, xa que ano a ano vemos como está crecendo a súa produción e comercialización, é crear hábito e sobre todo deixar atrás estereotipos como que o espumoso só se utiliza para a sobremesa ou brindar, o Espumoso é para todas as ocasións, e se é Rías Baixas mellor que mellor.

Esta cuarta edición da Festa do Viño Espumoso presenta unha programación variada con cursos de iniciación ao mundo dos espumosos e de armonía de viños espumosos con conservas de Galicia, impartidos por D. Luís Paadín Primeiro Ambassadeur du Champagnede de España, cun showcooking a cargo do Centro de Formación Profesional A Cancela e diversas actividades e actuacións que amenizarán os dous días, unha cita ineludible orientada á promoción e divulgación deste produto, que conta cunha forte presencia na comarca.

Dende o Concello de Salvaterra, que é a Capital do Viño do Condado do Tea, animan a todos os amantes dos noso espumosos como a todos aqueles que queiran probalo por primeira vez a acercarse o primeiro fin de semana de decembro, o 2 e o 3, ao Recinto Amurallado do Municipio, lugar onde se darán cita as adegas Señorío de Rubios, Eido Sela, Bodegas As Laxas, Adega Valtea, Adega Mar de Frades, Pablo Padin, Tollodouro, Martin Codax, Adegas Galegas e Terras de Lantaño para presentar en total eses 16 espumosos que buscamos que estean presentes este ano que entra na mesa de todos os galegos.

Publicado o 17 Nov 2017 en Axenda, Portada, Salvaterra de Miño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies