• Segue conectado
  • |

En Marea saca adiante a iniciativa para dotar o CHUO dunha cociña propia

Aprobouse por unanimidade a proposición non de lei de En Marea para que o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense conte por fin cunha cociña "de calidade e adaptada ás necesidades" do centro

Eva Solla.

Ourense | En Marea consegue aprobar por unanimidade no Parlamento de Galicia unha proposta para dotar o Complexo Hospitalario de Ourense dunha cociña propia que poida cubrir as necesidades do centro, tal e como reclama o persoal. En Marea vén de expoñer na Cámara galega a súas súas condicións de traballo, “teñen que elaborar mil menús por quenda nun contexto de absoluta precariedade” xa que, explicou a deputada Eva Solla, “o novo centro non ten cociña e a antiga é totalmente deficiente”, circunstancias que xa foron denunciadas tanto á inspección de traballo como á de sanidade.

“Hai xa tempo que o CHUO amosa importantes deficiencias na dotación de infreastruturas e de persoal”, sinalou Solla, responsable da iniciativa. A ampliación do hospital levada a cabo pola Xunta estivo xa no seu inicio marcada por “unha mala xestión” e polo retraso das obras e na actualidade “a situación está lonxe de mellorar e as carencias que deberían ser solucionadas agudízanse producindo unha situación insostible tanto para os doentes como para o persoal”, indica a parlamentaria.

Unha vez logrado o voto a favor de tódolos partidos con representación no Parlamento, En Marea estará “vixiante” para garantir que a Xunta cumpre a recomendación da Cámara galega.

Publicado o 15 Mar 2018 en Ourense, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies