• Segue conectado
  • |

Educación + Igualdade = -Violencia

Salvaterra de Miño entrega os premios do Concurso de Slogans Contra a Violencia de Xénero que organiza en colaboración co IES

Salvaterra | Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño, e dentro do programa de educación en igualdade e de prevención da violencia, entregou os premios do Concurso de Slogans Contra a Violencia de Xénero, que organiza en colaboración co IES, e no que participan mais de 200 nenos e nenas. Programa que ten como obxecto sensibilizar sobre a violencia de xénero, facéndonos reflexionar sobre esta gran lacar social, que entre todos debemos erradicar promovendo un cambio de mentalidade que contribúa a desmitificar estereotipos e transmitindo valores de igualdade e non violencia.

51 mulleres asasinadas, 43 orfos e máis de 80.000 denuncias son as cifras dramáticas que deixa a violencia de xénero no que vai de ano.

O slogan gañador deste ano foi “EDUCACIÓN+IGUALDADE= -VIOLENCIA” de Diego Estévez Rivera, que foi premiado con un vale de 150€ e co cal se levará a cabo toda a campaña de concienciación que realizará o Concello no próximo ano. Ademais entregáronse tres segundos premios valorados en 50€ aos seguintes slogans: “Non cales! É mellor que o fales” de Fabián Andrés Souto; “Non queremos máis minutos de silencio, actúa!” de Basilio Puga García e “Nin unha muller menos, nin unha agresión máis” de Carmen Tejo Rodríguez.

Paralelamente o Concello cos alumnos de carpintaría en colaboración cos de plástica renderon un homenaxe as 59 vítimas falecidas galegas, das que existe rexistro dende o ano 2003. Para elo pintaron un dos bancos da Praza do Concello de negro e nel escribiron os nomes de todas e cada unha delas, co fin de que permanezan na memoria colectiva, de darlle voz, de visibilizar un problema que nos afecta a todos e todas.

Publicado o 25 Nov 2019 en Benestar Social, Portada, Salvaterra de Miño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies