• Segue conectado
  • |

Deputadas de EU visitan a zona da vertedura de lindano en Ponteareas

Visitaron a canteira de Parada en Xinzo, onde se produciron as verteduras de terras con lindano procedentes das obras de saneamento de O Contrasto en O Porriño.

Ponteareas/EU | O pasado venres 23 de marzo, a Coordinadora Nacional de ESQUERDA UNIDA e deputada no Parlamento de Galicia por En Marea, Eva Solla e a deputada por IU no Parlamento Europeo, Paloma López, visitaron a canteira de Parada en Xinzo, onde se produciron as verteduras de terras con lindano procedentes das obras de saneamento de O Contrasto en O Porriño. Na visita foron acompañadas por Lino Costas e Pedro Ocampo, concelleiros de EU-son en Ponteareas e O Porriño respectivamente.

Nesta zona contaminada reuníronse con membros da Xunta Directiva da traída de augas de Parada-Rocha, que explicaron ás deputadas os pormenores das súas actuacións para garantir a non contaminación das augas destinadas ao abastecemento desde que se detectou a vertedura de lindano.

Posteriormente, a xuntanza foi con membros da asociación ecoloxista ADENCO co obxectivo de coñecer o resultado das súas reclamacións ante o Concello de Ponteareas, a Xunta de Galicia e a Valedora do Pobo con respecto á vertedura de lindano.

A visita estivo enmarcada dentro da xornada que adicaron as deputadas a coñecer de primeira man a situación das zonas de O Porriño afectadas polas verteduras de lindano así como a zona da canteira de Xinzo en Ponteareas, o que lles servirá de base para continuar as distintas xestións que están levando a cabo ao respecto tanto no Parlamento de Galicia como no Parlamento Europeo con respecto a estas verteduras altamente contaminantes.

ESQUERDA UNIDA lembra que a pesares de que o alcalde de Ponteareas comprometeuse -a proposta do concelleiro de EU-son, Lino Costas- a dar explicacións documentadas das súas actuacións con respecto ás verteduras de lindano na canteira de Xinzo como moi tarde no pleno do 20 de marzo, dita información non foi trasladada a día de hoxe.

Publicado o 24 Mar 2018 en Medio Ambiente, Ponteareas, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies