• Segue conectado
  • |

“Degusta Europa” chega esta semana á provincia da man do centro Manuel Antonio de Vigo

O programa da Deputación pon en valor a nosa gastronomía e a excelencia dos centros de formación da provincia, así como potenciar os mercados de proximidade

Pontevedra | As persoas que se acheguen poderán degustar elaboracións como a lambetada de paté de mexillón da ría, cristais de alga e pau de colín ou filetiños afumados de rincha de Beluso

O programa Degusta Europa, impulsado pola Deputación de Pontevedra, chegará esta semana ata os mercados de abastos de Baiona -mércores 10-, da Guarda–xoves 11- e Vigo -Mercado do Progreso o venres 12- con propostas culinarias elaboradas polo alumnado do Centro Manuel Antonio de Vigo. Trátase dunha iniciativa programada e anual, que este ano xira en torno á campaña “Fame de Experiencias” centrada na enogastronomía, polo que se resaltan especialmente os produtos do mar e da terra da provincia, así como os viños e caldos das Rías Baixas.Ademais, todos as propostas culinarias teñen en conta pratos europeos, xa que a iniciativa faise, coma todos os anos, con motivo do Día de Europa.

O alumnado do Centro Manuel Antonio vai preparar en Baiona, A Guarda e Vigo os seguintes menús: lambetada de paté de mexillón da nosa ría, cristais de alga e pau de colín; petisco de galleta mariñeira, filetiños afumados de rincha de Beluso, brotes da nosa horta e virutas de cítricos; pipiritapa de laconciño, crocante de pan de castañas con prebe de mar e montaña; boliche crocante de millo recheo de chopiño de potera da Guarda; almofada de leituga baby con roxóns e requeixo das Neves; chiquito morno de pote galego ao estilo da miña avoa; melindres do noso Condado-Paradanta; empanada enreixada de cabelo de anxo e mazá; roscón de xema; e torta Rías Baixas.

Degusta Europa xa pasou polos mercados do Grove, Bueu e Pontevedra, con menús elaborados por outro dos centros máis prestixiosos da provincia, como é o Centro Carlos Oroza de Pontevedra. O obxectivo do programa é poñer en valor a enogastronomía e a calidade dos produtos das Rías Baixas, así como a excelencia destes centros de formación da provincia, que xa son todo un referente. Ademais, Degusta Europa tamén pretende impulsar e potenciar os mercados de proximidade da provincia, dándolles novos contidos e favorecendo o contacto directo entre praceiras e praceiros e público en xeral.

Pontevedra, 8 de abril de 2019
Saúdos
Gabinete de Prensa

Publicado o 8 Abr 2019 en Gastronomía, Pontevedra, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies