• Segue conectado
  • |

Convenio de colaboración entre a RAG e a Deputación da Coruña.

A Coruña | Publicacións, un estudo arredor das competencias e usos lingüísticos na infancia ou os cursos de galego para persoas de fóra de Galicia son algúns dos accións da Real Academia Galega que a Deputación da Coruña apoia a través dun convenio de colaboración que veñen de asinar o presidente da institución, Víctor F. Freixanes, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei.

“A Real Academia Galega agradece moi especialmente a colaboración da Deputación da Coruña para o desenvolvemento das súas función e actividades. A colaboración das institucións públicas, neste caso a Deputación Provincial da Coruña, constitúen achegas fundamentais para facer viable e potenciar as actividades dunha corporación histórica que ten a responsabilidade do mantemento, actualización e modernidade da lingua e da cultura de noso. Recollemos a memoria dos devanceiros para proxectala, renovada e vivificada, nas novas xeracións. Con esta filosofía traballamos”, sinalou Víctor F. Freixanes tras a sinatura do convenio.

A vicepresidenta da Deputación salientou, pola súa banda, que a través deste acordo a entidade provincial apoia o desenvolvemento de actividades de especial relevancia para a promoción da nosa lingua, “de maneira singular os cursos para persoas estranxeiras, o que supón un elemento de gran relevancia para a difusión da nosa cultura”. “Posuírmos persoas embaixadoras entusiastas do galego supón un elemento de internacionalización da nosa lingua que, ao mesmo tempo, beneficia o propio país por xerar orgullo do propio”, concluíu Goretti Sanmartín Rei.

A Deputación da Coruña apoia a través deste convenio os Curso de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” ou o estudo sociolingüístico das competencias e usos lingüísticos na infancia. Ademais, no programa de actividades inclúese a edición dixital de La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e outras publicacións.

Publicado o 8 Dec 2017 en Deputación da Coruña, Lingua, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies