• Segue conectado
  • |

É “clave” a unidade das forzas políticas e sociais para que Fomento execute a Circunvalación e a mellora da seguridade da N-120

O alcalde adiantou que activará unha Comisión de Seguimento na que estean representados colectivos sociais, veciñais e empresariais.

Ponteareas | O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, vén de facer un chamamento á unidade das forzas políticas e sociais do municipio para que a Circunvalación de Ponteareas e as obras de mellora da N-120 “execútense sen mais demora”. Represas amosou a súa satisfacción tanto polas previsións que, para o municipio, figuran nos Orzamentos do Estado para este 2017, coma polos compromisos que este documento acada ata o 2020.

Se ben, lembra o alcalde ponteareán, noutras ocasións ─incluído o 2016─ “figuraron partidas nos Orzamentos que nunca chegaron a executarse”, neste caso hai unha diferencia substancial xa que, puntualiza Xosé Represas, “hai un compromiso plurianual de investimento para executar a circunvalación ata 2020”.

n-120

 

Dado que segundo o rexedor municipal, esta previsión conta “con maior rigor” que outras anteriores, o alcalde de Ponteareas amosa a súa firme intención de “poñer todo o que estea na nosa man para rematar con esta situación que se arrastra xa dende hai 20 anos”.

Xosé Represas, non dubida á hora de sinalar que estas actuacións “son primordiais para o municipio”, polo que activará unha Comisión Municipal de Seguimento, na que estean representados colectivos veciñais, sociais e empresariais, amais de todos os grupos da Corporación Municipal.

Dita Comisión, explica o alcalde, terá como finalidade “facer un seguimento dos compromisos do Estado para a execución da Circunvalación e asegurar o cumprimento dos prazos”. A importancia desta obra para o futuro de Ponteareas, engade Represas, “fai necesario as forzas políticas, sociais, veciñais e empresariais, traballemos xuntas para acadar este fin”.

Finalmente, Xosé Represas anunciou a intención de manter encontros con responsables do Ministerio de Fomento e da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio “para dar cumprimento ao Protocolo de Colaboración asinado en maio de 2015 polas tres administracións”.

Publicado o 13 Abr 2017 en Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies