• Segue conectado
  • |

Rock Na Rúa e a gastronomía chegan aos sábados do mes de xuño de Ponteareas

Rock Na Rúa fusionará música e gastronomía nos bares da vila. Rock and Callos, Rock and Pizza, Rock and Fabada e Rock and Salpicón para o deleite de todos

Rock Na Rua

Ponteareas | O festival Rock in Río Tea comeza a quecer motores cunha novidosa proposta, o Rock na Rúa. Unha fusión de música e gastronomía coa que teredes cita dende a unha da tarde e cada sábado do mes de xuño con actuacións acompañadas dun suculento menú que rotará por distintos bares da vila.

Organizado pola Asociación Falcón en colaboración co concello de Ponteareas e a Concellería de Comercio, o Rock Na Rúa amenizará o xantar dos apaixoados da música e daqueles que queiran degustar os mellores pratos da gastronomía tradicional.

O Rock na Rúa arranca ao ritmo dos The Loopholes na xornada Rock&Callos o vindeiro sábado día 3 de maio no Bodegón Severo.

Para os que non se atreveron na sesión da estrea ou para os que estaban desexando repetir, chega o Rock and Pizza o sábado día 10 coa actuación dos Family Folks na Casa da Triga.

Se o que preferides é unha boa ración de Rock and Fabada debedes agardar aos Breakin´Bones na Casa Ferreira o sábado día 17 de xuño.

E se aínda quedastes con fame de rock e bo xantar, o sábado 27 de xuño teredes aos The Trunks no Blu Bar na xornada Rock and Salpicón.

O Rock na Rúa abre a programación do Rock In Río Tea que terá lugar do 30 de xuño ao 1 de xullo.

Publicado o 2 Xuñ 2017 en Axenda, Gastronomía, Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies