Charla informativa para presentar a Campaña de Nadal 2019 este martes na Guarda

A Guarda | O vindeiro martes día 12 de novembro ás 20:30 horas a Casa dos Alonso acolle unha charla informativa, dirixida aos comercios da Guarda, na que se exporán as actividades, enclaves e como se ten previsto organizar este ano a Campaña de Nadal.

De xeito previo, mantívose unha reunión cos e coas representantes das distintas asociacións comerciais para ter en conta as súas aportacións de cara a mellorar o impacto de dita campaña.
Como ven sendo habitual búscase implicar a todo o tecido comercial da vila, pero este ano realizarase dende o Concello un especial esforzo en canto á iluminación (aínda sen rematar) e haberá novidades que favorecerán o goce das veciñas e veciños, así como a dinamización das vendas no pequeno comercio.