• Segue conectado
  • |

CIM – Centro de Información á Muller, o goberno reduce o seu servizo

CIM - Concello de Ponteareas - NEA

Ponteareas/PP | En relación ó CIM – Centro de Información á Muller que existe no Concello de Ponteareas, dende o PP de Ponteareas queremos sair ó paso das últimas manifestacións que fixeron a concelleira Verónica Carrera e o Sr Alcalde  e que fai un traballo encamiñado a conseguir a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Según as verbas da concelleira e do alcalde, fixeron unha reorganización do CIM para dotalo dun novo equipo de persoal que atenderá a demanda de xeito mais adecuado, cando a realidade é que neste servizo o persoal do que falan xa ven prestando os seus servizos dende fai moitos anos, e a día de hoxe non existe ningunha mellora.

Para a prestación deste servizo o CIM conta dende fai anos cunha psicóloga e cunha abogada que proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información en asuntos relacionados coa promoción social de igualdade de xénero, e especialmente no relativo ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

…”a realidade é que neste servizo o persoal do que falan xa ven prestando os seus servizos dende fai moitos anos, e a día de hoxe non existe ningunha mellora”

Con este novo Goberno o que sí se está a producir é unha reducción no servizo, porque ata agora contaba con esas dúas profesionais tituladas, psicóloga e abogada, e a maiores cunha administrativa que dedicaba o 100% do seu tempo a atender e facilitar información a todas as mulleres que acudían ó CIM, labor moi importante que desenrolaba de xeito adecuado dada a experiencia neste eido desta profesional, traballadora que este Goberno apartou do servizo fai uns meses.

…”reduxeron o persoal, pasando de tres traballadoras a só dúas, e amais de que lle encomendaron a abogada outros traballos”

Co cal, a día de hoxe é ridículo que o Alcalde e a Concelleira da área queiran convencernos dunha mellora no servizo porque é totalmente mentira, en primeiro lugar porque reduxeron o persoal, pasando de tres traballadoras a só dúas, e amais de que lle encomendaron a abogada outros traballos como é a defensa das cláusulas suelo (hipotecas), co cal agora dedícalle moitas menos horas ó CIM e é imposible polo tanto que o servizo esté mellor.

E xa finalmente, falaba a concelleira Verónica Carrera de que agora o servizo “por primeira vez cumpre con todos os requerimentos normativos”, cando isto é tamén é falso, xa que a situación segue igual, xa que dentro dos requisitos cos que debe cumprir o CIM está contar cun Director/a coa titulación necesaria e que preste o seu traballo no centro durante todo o horario de apertura do CIM, cousa que non sucede, porque non existe na plantilla do Concello de Ponteareas esa praza de Director e ainda que calquera das profesionais que están no servizo, abogada e psicóloga, poden facer esas funcións, tampouco están dedicadas as súas xornadas integramente ó CIM.

Publicado o 1 Abr 2017 en Benestar Social, Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies