• Segue conectado
  • |

Para sermos máis nós.

A Irmandade Xurídica Galega ten pechado xa o seu calendario de actividades para este ano. Son moitas e de contidos variados, para seguir avanzando na extensión da lingua galega nos usos xurídicos. Desde que a fins da década dos anos oitenta os xulgados do Social núm. 2 de Pontevedra, de 1ª Instancia e Instrución núm.5, […]

Día da galeguidade empresarial para Isaac Díaz Pardo.

Contábame Díaz Pardo unha anécdota que lle pasara con Ánxel Fole de protagonista cando se inaugurara o Laboratorio de Formas de Galicia. Ocorréraselle a Isaac levar ao acto ao Gobernador de Lugo; nunca tal fixera!. Cando llelo foi presentando aos convidados, que o saudaban con in-disimulada frialdade protocolaria, Ánxel Fole, estendéulle a mana ao tempo […]

Máis Galicia, máis Europa.

Despois de que España asinase en Estrasburgo, en 1992, a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, o Tratado internacional foi ratificado en 2011. Desde entón, a cada pouco, un Comité de Expertos encárgase de facer un seguimento do seu cumprimento. Tal comité é un instrumento deseñado para protexer e promover as linguas, e para […]

Carlos Velo no Liceo.

A Fundación Carlos Velo celebra no Liceo de Ourense un acto baixo o rubro “O Carlos Velo que coñecimos” ao que fun convidado. Como non vou poder asistir, quéronme sumar ás voces convocadas para contar desde este xornal as vivencias que tiven co noso cineasta, relatando como e cando o coñecín e que relación tiven […]

Raíz e tempo.

Cando acudo a miña casa familiar en Mourigade sempre descubro que aquelas profundas raiceiras espertan en min lembranzas vellas, que sempre tiveron unha influencia decisiva na formación do meu pensamento. A paisaxe que a arrodea atesoura historias individuais e colectivas. As súas terras teñen tantos nomes como ferrados ten o territorio. Non hai un baldío […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies