• Segue conectado
  • |

Loitarmos contra o yihadismo.

Outravolta ficamos conmovidos diante da última expresión do odio yihadista: o recente atentado de Manchester, co seu elevado tributo de vidas humanas. Unha vez máis os terroristas elixen matar durante manifestacións colectivas de lecer público, tan propias da maneira de vivir na nosa Europa. Os asasinos non só queren facer todo o dano que poidan, […]

No país dos cegos.

Con máis do 90 % dos votos escrutados, Pedro Sánchez obtén unha grande maioría (49,8 % fronte ao 40,2 de Susana Díaz e o 10% de Patxi López) que despexa case todas as dúbidas a respecto da clara hexemonía que adquire no partido. Porque, agás en Andalucía e Aragón (aquí por moi pouco) gañou en […]

A necesidade do referéndum catalán.

A primeiros deste 2017 o xornal “La Vanguardia”, de liña editorial non independentista, publicaba unha enquisa que reflectía que o 76,6% dos cataláns querían decidir en referéndum a respecto da súa independencia ou continuidade no Estado, mentres as opcións a prol sobardaban en moi pouco ás negativas. Estes dados serían impensábeis hai once anos, cando […]

Macron e a Europa.

Como xa prognosticamos hai quince días gañou Macron moi amplamente. O escrutinio ao 77% dálle a Mme. Le Pen o 36,6 dos votos fronte ao 63,4% de Emmanuel Macron. Moi pouca colleita extremista para tanto balbordo, cando amplos sectores (fálase do 20%) da dereita dura de Fillon xogaron á extrema dereita e un irresponsábel sector […]

Enchoupados na corrupción.

As pescudas que estamos a coñecer referentes á Operación Lezo confirman, si, a convicción de que o PP autonómico de Madrid desenvolvíase, polo menos até o 2015, nun estado de corrupción sistémica, que aqueixaba ao conxunto dos seus níveis. Neste senso, mesmo a recoñecida culpa in vigilando da lideresa Esperanza Aguirre semella xa superada. Avisos […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies