• Segue conectado
  • |

O nome das cidades.

O outro día referiámonos ás mudanzas franquistas , algunhas aínda sobreviven, do nome de cidades e vilas. Na vella Europa, andamos sempre á procura de documentos medievais, chartae populationis, na que figure algo así como “Et imposimus ei nomen…”; o que veña despois sinala a grandeza de orixe, a historia. Nos territorios con exceso de […]

Afonso, que Alfonso?.

Cando non hai por que discutir, a xente inventa. Por exemplo, se o nome se escribe, en galego, con i grego ou non, cando esta letra, en galego, non existe, ou polo ordinal do nome duns reis que son persoas distintas e reis de sitios distintos. A isto os de Baiona téñenlle especial querenza. Imos […]

O conto é vello.

Levaba tempo con ansias de ler, dunha sentada, o libro no que Borrow conta os seus andares pola península, vendendo Biblias (The Bible in Spain, 1843). En verdade é na península e non como se pode malentender polo título co que o bautizou só en España; aínda que no subtitulo deixou nidia a referencia peninsular […]

A rebelión das bases.

Percibo frustración ao meu arredor. A emerxente ilusión política de hai catro ou cinco anos esfumouse. Confiouse nas instancias políticas e estas defraudaron. Posiblemente a mellor imaxe da derrota sexa a de Alexis Tsipras asinando o terceiro rescate ao día seguinte de que millóns dos seus espartanos lle dixesen que non o fixese. Da frustración […]

Perspectiva de fin de ciclo.

É teima dos historiadores parcelar o tempo histórico. Pode ter utilidades didácticas mais non semella moi practico para os que viven o momento político, aínda non histórico. O risco de aventurar só o poden correr os que pretendan intervir na ágora, no debate, e queiran formular propostas alternativas, de mudanza, incompatibles coa mera xestión da […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies