• Segue conectado
  • |

O Premio Xerais Xavier Queipo, no club de lectura Sete Vidas

Gondomar | Este martes, 13 de marzo, a partir das 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar, a asociación Espazo Lectura celebra a sesión mensual do club de lectura Sete Vidas centrado en títulos de narrativa. O escritor Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011 e recente Premio Ánxel Casal ao autor do ano, participará este […]

O autor de cómic Dani Montero estará no club “Lecturas Debuxadas” de Gondomar

Gondomar | O martes 28 de febreiro a asociación Espazo Lectura organiza a sesión mensual do club de cómic Lecturas Debuxadas coa visita de Dani Montero, autor de Sen mirar atrás (Demo Editorial 2010), banda deseñada proposta como lectura do mes. A sesión comezará ás 20:00 horas na Biblioteca de Gondomar e Dani Montero unirase […]

O club de lectura “Lendo Contigo” dedica a sesión de febreiro a Carlso Casares

A actividade está organizada pola asociación Espazo Lectura O club de lectura Lendo Contigo celebra o sábado 25 a sesión do mes de febreiro, que estará dedicada ao clásico infantil A galiña azul (Galaxia, 1968) de Carlos Casares, un autor que está moi presente en Gondomar (no paseo que leva o seu nome, na escultura […]

O trío de música e humor ‘Cabraret’ actúa na Casa da Lectura

VOLVEN AS NOITES GOLFAS Á CASA DA LECTURA Gondomar | O sábado 11 de febreiro, ás 22:30 horas, a asociación Espazo Lectura organiza unha nova edición das Noites Golfas na Casa da Lectura (Nogueira 8-Donas, Gondomar). O vindeiro sábado, a Casa da Lectura converterase nun cabaret coa actuación do trío CABRARET: dúas cabras e unha […]

A escritora Marica Campo, no Club de lectura ” Sete vidas”

A actividade está organizada pola asociación Espazo Lectura O martes 7 de febreiro na Biblioteca Municipal de Gondomar ten lugar a cita mensual co club de lectura Sete Vidas. Nesta ocasión, os lectores e lectoras que queiran achegarse á biblioteca poderán falar arredor do libro de relatos Confusión e morte de María Balteira (Baía Edicións […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies