• Segue conectado
  • |

Carreira do Pavo nas Neves o 24 de decembro

Presentouse no Concello a 5ª edición desta carreira solidaria

As Neves |A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio e o Concello das Neves presentaron na mañá deste sábado a 5ª edición da carreira popular e solidaria do Pavo nas Neves. O vindeiro 24 de decembro na tarde previa a noiteboa pequenos e maiores disputarán esta proba deportiva polas rúas das Neves.

Esta carreira xunta a parte competitiva, a familiar ou veciñal e a solidaría. Hai participantes que compiten por gañar a proba, outros participan de xeito festivo e todos o fan de xeito solidario, porque cada corredor ou corredora debe entregar alomenos un quilo de alimentos non perecedeiros que será donado a servizos sociais do concello nevés.

Na presentación, amáis de membros do clube ACD Sanomedio e o Segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Deportes Oscar González estiveron corredores e gañadores da edición de 2016, o gañador absoluto Óscar Bernárdez Carballo, o gañador local Juan Ramón Lira Fernández, a gañadora local Ana Isabel Domínguez Álvarez e o corredor e colaborador Bernardo Durán.

Publicado o 2 Dec 2017 en As Neves, Axenda, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies