• Segue conectado
  • |

Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués diante da UNESCO

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Galicia | Este 25 de novembro foi unha data moi especial para a Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE…NAS ONDAS! porque nese mesmo día hai un ano estaban recollendo o PREMIO ONDAS en Barcelona; e hai 10 anos estaban depositando na sede da UNESCO en París (na imaxe) unha candidatura na que o patrimonio inmaterial galego-portugués optaba a ser proclamado Patrimonio da Humanidade ao lado de propostas tan poderosas como o flamenco ou o samba de roda de Bahía (Brasil) . Non puido ser naquela ocasión pero a UNESCO recomendou ás autoridades españolas e portuguesas volver presentar a candidatura que segue máis viva ca nunca grazas ao traballo constante de PONTE…NAS ONDAS! Este mércores conmemoraron esta data tan especial cunha GALA DO PATRIMONIO para pedir que as administracións de dos dous países que se impliquen de novo neste gran proxecto común protagonizado por cidadáns e cidadás das dúas beiras do Miño, que durante máis de 20 anos foron quen de construír unha fermosa historia de entendemento e irmandamento cultural, que cobra maior relevancia nun momento tan crudo como o que estamos a vivir.

Artistas e institucións uníronse nunha gala en Tui para pedir que se presente de novo, tal e como recomendou a propia UNESCO ás autoridades españolas e portuguesas
1 PATRIMONIO PARA O FUTURO
Dez anos despois, desde Ponte…nas ondas! queremos convocarvos
a defender este patrimonio común e a reivindicar que os tempos son chegados para que as administración realicen o proceso de inscrición deste patrimonio na Lista Representativa da UNESCO. Precisamos o voso apoio asinando en:
www.opatrimonio.org

As persoas portadoras fan que este legado sexa mantido e recreado nos labores e situacións tradicionais e as novas xeracións asumen estes saberes adaptándoos a novos soportes e a novas vivencias.

Publicado o 30 Nov 2015 en Axenda.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies