• Segue conectado
  • |

Bueu organiza tres rutas turísticas e deportivas por lugares da provincia

primeira das andainas terá lugar o 13 de maio

rutas turisticas

Bueu | A concellaría de deportes de Bueu organiza tres rutas por diversos enclaves turísticos da provincia de Pontevedra, co obxectivo de dar a coñecer a nosa contorna e fomentar hábitos saudables. En total vai haber cincuenta prazas para cada unha das rutas e teñen preferencia as persoas empadroadas en Bueu.

O 13 de maio comezará o roteiro polo río Eifonso, situado entre Mourelle e Bembrive, e que abarca 5 quilómetros. As inscricións teñen un custe de 5 €.

O 27 de maio, os participantes visitarán o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e o río Maneses. As inscricións para esta estarán operativas desde o 15 de maio por un custe de 5 €.

A última delas será o 10 de xuño e percorrerá a illa de Cortegada e Arousa, durante toda a xornada. Para esta, as inscricións poderán realizarse a partir do 29 de maio cun custe de 6 €.

Inscricións

O pagamento dos prezos públicos deberá facerse por adiantado previa solicitude do documento de autoliquidación na Oficina de Xestión Tributaria. Unha vez feito o pago en calquera das entidades bancarias que figuran ó dorso do documento, deberá presentarse o xustificante de pagamento no Servizo de Deportes do Concello. A inscrición na actividade non será efectiva mentres non se presente o dito xustificante.

Publicado o 8 Mai 2017 en Axenda, Bueu.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies