Boaventura de Sousa, Anna Gabriel e Quim Arrufat en Compostela con Anova

NEA-Acto de ANovaCompostela – ANova | O domingo 21 de febreiro visítanos o sociólogo luso Boaventura de Sousa Santos, os membros das CUP Anna Gabriel e Quim Arrufat para reflexionar sobre o percorrido dos movementos sociais planetarios nos últimos 15 anos e a súa influencia na conxuntura actual.

Unidade Popular, movementos sociais, confluencia e quebra democrática.
Hai 15 anos nacía en Porto Alegre o Foro Social Mundial, proceso planetario que foi quen de levar ás primeiras planas as miserias do neoliberalismo da man dos movementos sociais, especialmente do Sur, en contraposición á infracultura de Davos. Ao tempo, xurdiron no cono Sur diversos gobernos antihexemónicos e antiimperalistas que serviron de espello a moito do que anos despois, coa incidencia da crise, inspirou aos movementos sociais europeos e as súas traducións actuais no plano institucional. Tres lustros despois as cousas mudaron, pero o espírito, con diferentes expresións no político e no social, segue inmutábel. Os de abaixo discuten xa abertamente o poder e o relato da hexemonía aos de arriba. Moitos destes procesos foron vividos en primeira persoa polos nosos protagonistas.

Data: 21 de febreiro, 12.00 horas.

Lugar: Local de Compostela Aberta, na Praza do Toural, S/N. Compostela

Participan: Xosé Manuel Beiras, voceiro de Anova-Irmandade Nacionalista
Boaventura da Sousa Santos, Catedrático de Socioloxía pola Universidade de Coimbra e profesor de Dereito na Universidade de Wisconsin-Madison (EUA)
Anna Gabriel, parlamentaria das CUP
Quim Arrufat, membro das CUP
Antón Sánchez, coordinador de Anova-Irmandade Nacionalista
Presenta e modera: Alexandra Fernández, voceira de En Marea

Organiza: Anova-Irmandade Nacionalista