As mulleres de Ponteareas, protagonistas da fin de semana

Ponteareas | O concello de Ponteareas ás mulleres nun acto enmarcado dentro das iniciativas programadas polo Día da Muller. En colaboración cos colectivos e asociacións veciñais que propuxeron ás homenaxeadas, o goberno de Ponteareas agradeceu no auditorio municipal o traballo e o exemplo de esforzo destas mulleres.

Verónica Carrera en colaboración cos distintos colectivos sociais e veciñais quixo que onte se fixera visible a loita das mulleres que no seu día a día conviven con persoas con enfermidades mentais e, a proposta de Avelaíña, recibiron unha sentida homenaxe María Lueiro, Rosa Barreiro, Olivia María da Rocha e Enma Otero.

Tamén subiron ao escenario do auditorio as coñecidas como “mozas de ouro de Prado”: Carmen Tellado, María Diz, Josefa Cuña, Hermosinda Álvarez, Isolina Cuña, Divina Rodríguez e Nieves Rodríguez.

Ademais, a parroquia de Xinzo decidíu que as primeiras mulleres da banda de música Xuvenil de Xinzo tiveran un recoñecemento: Mª Isabel Giráldez, Milagros Carrera, Mª Carmen Giráldez, Mª de las Nieves Ibáñez, Carmen Rodríguez, Ana Isabel Troncoso e Mª Purificación Giráldez.

A primeira muller en traballar no centro de saúde de Ponteareas, Berta Mosquera lembrou no auditorio os seus comezos e a necesidade de seguir traballando pola igualdade. Pilar Pérez Tato, primeira muller en ter o seu propio negocio, compartíu co público as súas vivenzas e a alfombrista Teresa Carrera declarouse orgullosa de ser muller e alfombrista.